Marea Pontevedra aposta por abrir unha nova rúa peonil entre Eduardo Pondal e a Avenida de Vigo

Pontevedra
21 de maio 2019

A formación asegura que este viario daría servizo á Residencia de Estudantes e máis ao IES Frei Martín Sarmiento, beneficiando ademais ao conxunto da veciñanza.

Acto electoral de Marea Pontevedra en Eduardo Pondal
Acto electoral de Marea Pontevedra en Eduardo Pondal / Marea Pontevedra

Abrir unha nova rúa peonil que unha Eduardo Pondal e a Avenida de Vigo é o compromiso adquirido por Marea Pontevedra nunha visita este martes á zona do Gorgullón.

Trataríase dunha actuación, aseguran, que completaría a conexión entre a Avenida de Vigo, Gorgullón, Eduardo Pondal, Uxío Novoneira e Virxe do Camiño, unha zona "dotada de grandes fluxos de mobilidade", explicaron desde a candidatura encabezada por Luís Rei.

Este novo vial daría servizo á residencia de estudantes e ao IES Frei Martín Sarmiento, ademais da o resto de veciños.

Ademais Marea Pontevedra aposta mellorar a contorna da rúa Ramón Otero Pedrayo conectando a senda urbana e rural do río Gafos e eliminando valos publicitarios. Todo iso dentro das actuacións previstas para a remodelación da estación de autobuses.

Por último entende como "prioritario" reformar a Praza 8 de Marzo e a Praza dos Maios "que na actualidade manifestan un estado de deterioración así como déficit de dotacións", defenden. Desta forma, no primeiro destes espazos propoñen crear dous espazos de xogos infantís diferenciados por idade e con elementos de última xeración, e no segundo habilitaríase unha zona de xogos para maiores dotada de mobiliario urbano e árboles.