O candidato á Alcaldía por Marea Pontevedra, Luís Rei, participou este luns na inauguración da mostra "Ondaloxía", coa que un colectivo de dez alumnos da Facultade de Belas Artes pon unha serie de obras de arte a disposición desta formación política para que cos cartos que obteñan da súa venda poidan financiar a campaña electoral.
A Sala X, na Facultade de Belas Artes acolle esta mostra comisariada por Julia Lago, que é membro da candidatura de Marea.
"ÿ unha colaboración case desinteresada", explicou el alcaldable, Luis Rei, "non hai que ir a Suiza para coñecer ás nosas contas", chanceou.
Os artistas que colaboran coa Marea son Jesús Benítez, Abi Castillo, Laura Mahía, Fernando Couto, Sandra M.G., Daniel Pérez, Carla Souto, Mar Suárez y Aitana Tubío.
Os prezos das súas obras van dende os 20 euros ata os 380 que custa a acuarela máis cara.