Os socialistas avanzan as principais infraestruturas que ofrecerán para Pontevedra

Pontevedra
16 de setembro 2016

Fronte un goberno de Feijóo que en materia de infraestruturas "venderon fume, crearon frustración e incumpriron sistematicamente as súas propias promesas", segundo a candidata do PSOE, María Pierres, os socialistas teñen claro o camiño a seguir nos próximos anos porque "a competitividade do noso país pasa por xerar unhas boas infraestruturas"

Reparto de propaganda electoral do PSOE en Pontevedra PSdeG-PSOE Pontevedra

Fronte un goberno de Feijóo que en materia de infraestruturas "venderon fume, crearon frustración e incumpriron sistematicamente as súas propias promesas", segundo a candidata do PSOE, María Pierres, os socialistas teñen claro o camiño a seguir nos próximos anos porque "a competitividade do noso país pasa por xerar unhas boas infraestruturas".

Así, Pierres lamentou que a "única xestión relevante" de Feijóo foi protestar contra o goberno socialista e "calar ante os reiterados incumprimentos" do goberno de Mariano Rajoy. "Feijóo non actuou como presidente de Galicia senón como lacaio do seu partido", afirmou.

Os socialistas propoñen promover a intermodalidade entre os diversos medios de transporte, para o cal, deberá acelerarse o ritmo de execución das estacións intermodais nas principais cidades galegas e se demandará ao goberno do Estado unha rápida culminación dunha eficiente conexión por ferrocarril entre as cidades. 

Ademais, apostan por desenvolver o Plan Director de Estradas ante o "incumprimento e o fracaso" do Plan Move, deseñar un Plan de Transferencias de Estradas entre as distintas administracións, reclamar a transferencia de competencias sobre a AP-9 ou a posta en marcha de plans de mobilidade, que "integren obxectivos explícitos de sustentabilidade".

No caso  específico de Pontevedra, o PSdeG-PSOE promete executar a variante de Alba e a reforma integral da estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, participar na execución da ronda urbana ata a súa conexión coa N-541 e proxectar un tren de proximidades con Vigo e Vilagarcía.

Os socialistas tamén reclamarán de "forma enérxica" ante o goberno central os compromisos de inversión e o cumprimento de prazos do AVE, unha cuestión "na quedou as claras o silencio de Feijóo, cómplice dos incumprimentos ano tras ano de Rajoy e de Ana Pastor".

Arquivado en