25-S: Galicia decide

Reconto do voto exterior na Audiencia de Pontevedra

Case un de cada dous votos dos pontevedreses no exterior foi para o PP

04/10/2016
Pontevedra

Se a vitoria do PP nas pasadas eleccións autonómicas foi inapelable nas urnas galegas, aínda máis o foi no voto exterior. O reconto que se efectuou este luns na Audiencia de Pontevedra revelou que case un de cada dous votos dos pontevedreses que residen fóra de España foi para o...

Alejandro Espiño
Visita de Alberto Núñez Feijóo a Pontevedra

Os galegos votan ao PP "por costume"

01/10/2016
Pontevedra

Durante cinco días PontevedraViva mantivo activa unha enquisa preguntando aos lectores "Por que votan os galegos ao Partido Popular?" e a resposta maioritaria foi "por costume". Na consulta participaron 406 persoas. O 26% de quen interveu nesta sondaxe consideran que en Galicia votar ao PP é xa algo tradicional. Curiosamente a segunda resposta...

PontevedraViva
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra

Lores, sobre o 25-S: os cidadáns non percibiron unha alternativa "visible" a Feijóo

28/09/2016
Pontevedra

Dous días despois de celebrarse as eleccións galegas, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, fixo unha valoración dun 25-S no que o BNG logrou un resultado "razoable" tras derrotar "por primeira vez" ás enquisas. Pero recoñeceu que, a nivel xeral, non é o resultado desexado polos nacionalistas. "Lamentamos non...

Alejandro Espiño
Comité de dirección do PP provincial

A Rueda gustaríalle seguir sendo conselleiro

27/09/2016
Pontevedra

Alfonso Rueda asegura sentirse "moi cómodo" no seu cargo de conselleiro. Este martes, o presidente do Partido Popular en Pontevedra, mostrou a súa disposición para formar parte do novo goberno que encabezará Alberto Núñez Feijóo. Por agora aínda non falaron desa posibilidade. "Non é o momento", comentou o actual vicepresidente da...

PontevedraViva
Luis Rei, portavoz de Marea Pontevedra

Luís Rei lamenta que En Marea non puidese "desprazar á dereita do goberno da Xunta"

26/09/2016
Pontevedra

O portavoz municipal de Marea Pontevedra, Luís Rei, lamentou "non cumprir co obxectivo que nos propuxemos de desprazar á dereita do goberno da Xunta". Dito isto, Luís Rei engadiu que "como Marea" saímos "satisfeitos do apoio que recollemos".  "Era o último test importante para este espazo de confluencia", dixo Luís Rei en...

Oskar Viéitez
Eva Villaverde e Luis Bará

Luís Bará (BNG): "Con dous debates e unha semana máis, nos los merendamos"

26/09/2016
Pontevedra

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, valorou este luns como "excelente" o resultado da formación nacionalista nos comicios autonómicos deste domingo e sinalou que o Bloque está " de remontada", chanceando con que "con dous debates e unha semana máis, nos los merendamos". "Síntome moi moi orgulloso...

Oskar Viéitez
Acto electoral da campaña do 25-S con Albert Rivera en Pontevedra

María Rey (Ciudadanos): "Cometimos erros, pero de todo se aprende e seguiremos"

26/09/2016
Pontevedra

A portavoz da agrupación política Ciudadanos en Pontevedra, María Rey, mostrábase preocupada polo ascenso do Partido Popular nestas últimas eleccións autonómicas e polo descenso de votos do seu partido. Pero manifestou que o seu partido exponse os retos electorais como un traballo de fondo porque non viñeron a realizar un...

PontevedraViva
Agustín Fernández ás portas do Concello de Pontevedra

Tino Fernández, portavoz del PSOE: "Houbo pouca cordura e actitude desleal co candidato. Iso pagouse"

26/09/2016
Pontevedra

Tino Fernández, portavoz do grupo municipal do PSOE en Pontevedra, manifestaba nesta xornada post electoral a súa decepción polos resultados obtidos pola súa agrupación política nas eleccións autonómicas nas que perderon catro parlamentarios respecto dos anteriores comicios. Sinala que se viron incapaces de xerar ilusión e que o electorado decidiu apostar...

PontevedraViva
Parlamento galego

Quen serán os nosos deputados no Parlamento galego?

26/09/2016
Pontevedra

As eleccións do 25-S en Galicia deixaron un Parlamento galego con moitas caras novas entre os seus deputados. O PP volveu a ser a forza máis votada na provincia de Pontevedra e logrou manter as once actas que logrou en 2012. En Marea, herdeiro de AGE, alcanza os cinco deputados...

Alejandro Espiño
Reparto electoral de Alfonso Rueda por Pontevedra

Alfonso Rueda celebra un "éxito" que moitos vían "imposible" e o BNG saír "reforzado" do 25-S

26/09/2016
Pontevedra

Se nalgún lado celebrouse o resultado electoral en Pontevedra, ese foi na sede provincial do Partido Popular. Ata alí desprazáronse os cargos máis destacados dos populares pontevedreses para celebrar a terceira maioría absoluta que Alberto Núñez Feijóo logrou de forma consecutiva. Un dos máis eufóricos era o presidente provincial do PP,...

Alejandro Espiño
Alfonso Rueda votando no CGTD nas eleccións galegas do 25-S

Os candidatos coinciden en chamar á participación para decidir o "futuro" de Galicia

25/09/2016
Pontevedra

Desde primeira hora da mañá, os pontevedreses -do mesmo xeito que o resto dos galegos- estamos a participar nas eleccións do 25-S. E quen o fixo xa ao completo foron os candidatos dos partidos que se presentan pola provincia de Pontevedra. O máis madrugador, como vén sendo habitual nestas últimas citas...

Alejandro Espiño
Xente votando no CEIP Campolongo nas eleccións galegas do 25-S

A participación nas eleccións do 25-S en Pontevedra, a un nivel similar á de 2012

25/09/2016
Pontevedra

A participación nas eleccións galegas estáncase. Tras aumentar a presenza de votantes nas primeiras horas do día, con respecto ao sucedido catro anos antes, a medida que foi pasando a xornada os datos entre ambas as citas electorais igualáronse. Así, a Xunta informou que ás cinco da tarde, hora que estaba...

Alejandro Espiño
Diego Torrado
Xente votando en Pontevedra nas eleccións galegas do 25-S

Sen incidencias en Pontevedra na apertura dos colexios electorais

25/09/2016
Pontevedra

A xornada electoral comezou sen incidencias na provincia de Pontevedra. As 1.341 mesas electorais, situadas en 686 puntos de votación, puideron ser constituídas con total normalidade. Desde as nove da mañá xa están abertas ao público para que os pontevedreses poidan depositar o seu voto. Así o destacou en rolda de...

Alejandro Espiño
Alfonso Rueda fai a compra, acompañado das súas fillas, na xornada de reflexión

Os candidatos refúxianse nas súas familias na xornada de reflexión para o 25-S

24/09/2016
Pontevedra

Tras quince días de intensa campaña electoral, os candidatos pola provincia de Pontevedra nestes comicios galegos do 25-S aproveitaron a xornada de reflexión deste sábado para gozar da tranquilidade que lles proporcionan as súas respectivas familias. Así, o número 2 do PP por Pontevedra, Alfonso Rueda, optou por iniciar a xornada...

Alejandro Espiño
Xente votando nas eleccións xerais do 26-X

Case 800.000 pontevedreses teñen dereito a votar o 25-S

24/09/2016
Pontevedra

Un total de 771.681 pontevedreses estamos chamados ás urnas este domingo 25 de setembro. Nas nosas mans estará elixir ao novo presidente da Xunta de Galicia para o próximos catro anos. En total, teñen dereito ao voto case 2,7 millóns de galegos. De todos eles, 128.159 son pontevedreses que residen actualmente...

PontevedraViva
Visita de Alberto Núñez Feijóo a Pontevedra

Alberto Núñez Feióo percorre as rúas de Pontevedra animando os cidadáns a votar

23/09/2016
Pontevedra

O presidente do PPdeG e candidato popular á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, deron un paseo polo centro da cidade durante a tarde deste venres 23 a poucas horas para que se peche a campaña electoral. Nesta ocasión, Núñez Feijóo...

Cristina Saiz
Acto de peche da campaña do 25-S do BNG con Ana Pontón en Pontevedra

Ana Pontón ve o BNG como a "esperanza" de cambio frente á Galicia "gris e triste" do PP

23/09/2016
Pontevedra

Cun "convivio" na Praza de Ourense pechou campaña no BNG en Pontevedra. Un centenar de militantes e simpatizantes arrouparon á súa candidata á Xunta no último día no que se pode pedir o voto para as eleccións de 25-S. "Quedan poucas horas pero son moitos minutos", destacou Ana Pontón, que pediu...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Reparto electoral do PSdeG-PSOE diante do Hospital Provincial

Un plan para a revitalización demográfica e un plan de emprego xuvenil, propostas do PSdeG

22/09/2016
Pontevedra

A situación demográfica de Galicia, segundo os socialistas, é de "absoluta emerxencia". A candidata por Pontevedra, María Pierres, denunciou que Galicia non só perde poboación, senón que "experimenta un intenso proceso de avellentamento e falla de renovación xeracional". Por iso, as propostas presentadas polo PSdeG-PSOE sitúanse nese eido. María Pierres explicou...

PontevedraViva
O candidato del BNG Luis Bará acudiu a fábrica de Treves

Luis Bará explica a aposta do BNG por crear un Plan de Industrialización para o país

22/09/2016
Pontevedra

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do vindeiro 25S, Luís Bará, realizou este xoves un reparto electoral ás portas da fábrica de Trèves, no polígono industrial do Campiño, onde manifestou a aposta do BNG pola necesidade de desenvolver un Plan de Industrialización para...

PontevedraViva
Fátima Báñez repartindo propaganda do PP en Pontevedra

Fátima Báñez convencida de que unha vitoria de Feijóo "será también una manera de desbloquear el Gobierno de España"

22/09/2016
Pontevedra

A ministra de Emprego e Seguridade Social en funcións, Fátima Báñez, mostrouse "convencida" de que un "buen resultado" en Galicia o 25 de setembro, coa presidencia en mans de Núñez Feijóo e do Partido Popular, "será también una manera de desbloquear el Gobierno de España". Báñez participou este xoves en Pontevedra nun...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Xuntanza da candidata socialista María Pierres con emprendedores en Pontevedra

Os socialistas apostan por fomentar o emprendemento

21/09/2016
Pontevedra

A candidata socialista María Pierres mantivo un encontro durante este mércores con axentes sociais, emprendedores e representantes sindicais de Pontevedra para trasladar a súa proposta de que a administración preste unha maior escoita activa ás iniciativas emprendedoras. Durante o encontro explicáronse as bases do programa socialista facendo referencia ao fomento da...

PontevedraViva
Alfonso Rueda, presidente provincial do PP, con representantes da Fundación Galega contra o Narcotráfico

Alfonso Rueda amosa o seu apoio á Fundación Galega contra o Narcotráfico

20/09/2016
O Salnés

Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular de Pontevedra, mantiña unha reunión con representantes da Fundación Galega contra o Narcotráfico en Vilagarcía de Arousa durante a tarde deste marte 20. Durante o encontro reiterou o apoio do PP ao labor que desempeñan as asociacións de loita contra a droga, entre as...

PontevedraViva
Acto da candidatura do PSdeG-PSOE en Pontevedra

Os socialistas aseguran que un goberno de Leiceaga será "sensible" as necesidades dos traballadores do mar

20/09/2016
Pontevedra

A candidata socialista pola provincia de Pontevedra, Patricia Vilán, participou este martes nunha reunión con representantes das mariscadoras da provincia. Na xuntanza Vilán sinalou que as zonas de produción marisqueiras atópanse nunhas condicións "de total abandono", o que provoca importantes caídas das producións pola incidencia de parásitos e especies invasoras que...

Oskar Viéitez
Protesta de traballadores de Elnosa e o Parque de Maquinaria no mitin do BNG

Traballadores de Elnosa e do Parque de Maquinaria tratan de boicotear o mitin do BNG

20/09/2016
Pontevedra

O de Pontevedra non foi un mitin tranquilo para o BNG. Polo menos, no seu principio. Unha trintena de traballadores de Elnosa e do parque de maquinaria da Deputación de Pontevedra irromperon coas súas protestas en metade da praza do Teucro, minutos antes de que se iniciase o acto de...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Reparto electoral de Alfonso Rueda por Pontevedra

Rueda destaca que o PP só fala "de lo que va a pasar en Galicia y no de otra cosa"

19/09/2016
Pontevedra

Na recta final da campaña electoral, a loita contra a abstención parece ser un dos grandes cabalos de batalla dos partidos políticos. "Entiendo que la gente está muy cansada tras cuatro campañas en un año", recoñeceu Alfonso Rueda. Pero o candidato do PP por Pontevedra reiterou que "sería muy mala noticia"...

Alejandro Espiño
Alfonso Rueda no mitin do PP en Vilanova

O PP pon en valor os investimentos do goberno de Feijóo na comarca do Salnés

17/09/2016
O Salnés

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, aproveitou o mitin realizado este sábado en Vilanova de Arousa para poñer en valor os investimentos que o goberno de Feijóo fixo no últimos catro anos na zona. Rueda sinalou que no caso de Vilanova o goberno autonómico ha investido 13,3 millóns...

PontevedraViva
Acto sectorial de Sanidade do Partido Popular

O Gran Montecelo, o "compromiso irrenunciable" do PPdeG

16/09/2016
Pontevedra

"O Gran Montecelo é xa un compromiso irrenunciable. A área sanitaria de Pontevedra ten e terá un gran protagonismo durante os vindeiros anos". Con estas palabras o candidato pola provincia de Pontevedra e conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, certificou este venres o compromiso firme de Alberto Núñez Feijóo e...

PontevedraViva
Luis Rei, Ángela Rodríguez, Xoan Hermida e Vanessa Angustia diante da Xunta

En Marea destaca que o seu papel na próxima Xunta será "fundamental" para Pontevedra

16/09/2016
Pontevedra

Pontevedra terá un maior protagonismo na xestión da Xunta, se En Marea accede ao goberno. Así o destacaron Luis Rei e Xoan Hermida que, acompañados polas representantes pontevedresas do partido no Congreso e no Senado, Ángela Rodríguez e Vanessa Angustia, presentaron as súas propostas para a cidade do Lérez. "O papel...

PontevedraViva
Reparto de propaganda electoral do PSOE en Pontevedra

Os socialistas avanzan as principais infraestruturas que ofrecerán para Pontevedra

16/09/2016
Pontevedra

Fronte un goberno de Feijóo que en materia de infraestruturas "venderon fume, crearon frustración e incumpriron sistematicamente as súas propias promesas", segundo a candidata do PSOE, María Pierres, os socialistas teñen claro o camiño a seguir nos próximos anos porque "a competitividade do noso país pasa por xerar unhas boas...

PontevedraViva
Xuntanza de Luis Bará cos comités de empresa de Renfe e Adif

O Galtrén, aposta do BNG por un tren de proximidades "real" en Galicia

16/09/2016
Pontevedra

Potenciar os trens de proximidades. É a principal proposta do BNG en materia ferroviaria. Así llo trasladou o candidato pola provincia de Pontevedra, Luis Bará, aos representantes dos comités das empresas públicas ADIF e Renfe. Iso pasa, segundo Bará, polo feito de que Galicia asuma as competencias en materia de ferrocarril...

PontevedraViva
Mitin do BNG en Moraña

O BNG reclama que a xestión da AP-9 dependa de Galicia para acabar coa súa "estafa"

15/09/2016
Pontevedra

Para o BNG, é unha "estafa" que os galegos paguen as peaxes máis caras do estado español e, nomeadamente, refírense á autoestrada AP-9 cuxa xestión reclaman que sexa transferida a Galicia. Así o volveu a reivindicar o seu candidato por Pontevedra, Luis Bará, nun mitin celebrado este xoves na Casa...

PontevedraViva
Mesa sobre radicalidade democrática organizada por En Marea

En Marea aposta por aplicar na Xunta unha democracia "máis radical e máis cidadá"

15/09/2016
Pontevedra

Os novos tempos que quere abrir En Marea en Galicia pasan por un goberno presidido polo seu candidato á presidencia da Xunta, Luís Villares, que aborde un programa de rexeneración democrática en profundidade "que elimine o clientelismo e a corrupción das institucións". Así o destacaron os candidatos Marcos Cal e Xoán...

PontevedraViva
Acto sectorial de comercio do Partido Popular

O PP comprométese a traballar para mellorar a "excelencia" dos mercados galegos

15/09/2016
Pontevedra

Unha trintena de artesáns, persoal das prazas de abastos e representantes do comercio local da cidade acudiron á chamada do Partido Popular, que este xoves celebrou un acto sectorial sobre este ámbito de actividade, no que participaron a secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, e a directora xeral de Comercio,...

PontevedraViva
Visita de candidatos do PSdeG-PSOE a zonas queimadas en Lérez

Tomar "moi en serio" a política forestal, proposta do PSdeG-PSOE para os montes galegos

15/09/2016
Pontevedra

A candidata do PSdeG-PSOE, María Pierres, visitou as zonas queimadas do concello de Pontevedra durante o verán, acompañada de representantes das comunidades de montes. Alí, reiterou que Galicia ten que tomar "moi en serio" a súa política forestal e non como o goberno de Feijóo que, dixo, "limítase a esperar...

PontevedraViva
Xuntanza de Ana Pontón e Luis Bará con representantes do sector cultural

O BNG busca unha cultura "viva e participativa" para deixar atrás a "invernía" actual

14/09/2016
Pontevedra

A cultura foi a protagonista do acto que o BNG celebrou hoxe na provincia de Pontevedra. Nun encontro con representantes do mundo da cultura, Ana Pontón asegurou que os nacionalistas buscan abrir un tempo novo para este sector en Galicia, deixando atrás a "invernía" cultural destes últimos anos. "Somos un país...

PontevedraViva
Reparto de propaganda electoral do PSdeG-PSOE en Pontevedra

Os socialistas apostan por unha nova Lei do Solo e máis apoio aos PXOM dos concellos

14/09/2016
Pontevedra

Feijóo e o PP, segundo os socialistas, aprobaron unha nova Lei do Solo en Galicia "carente do mínimo consenso político e social". Por iso, un dos compromisos que o PSdeG-PSOE inclúe no seu programa electoral é, se alcanzan o goberno da Xunta, modificar esta normativa e acordar unha nova redacción...

PontevedraViva
Reunión de Beatriz Mato con veciños de Lourizán

Beatriz Mato reitera en Lourizán que o saneamento da ría é "prioritario" para o PP

14/09/2016
Pontevedra

Se o PPdeG volve gañar as eleccións o 25 de setembro, a ría de Pontevedra seguirá sendo "prioritaria" e haberá unha solución "definitiva" en materia de saneamento. Así o destacou a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, nun encontro que mantivo en Lourizán con veciños da parroquia. Acompañada polos candidatos Lupe...

PontevedraViva
En Marea escenifica a emigración da mocidade para buscar emprego

En Marea escenifica a fuga da mocidade cunha marcha desde a oficina de emprego ata a estación

14/09/2016
Pontevedra

Distintos representantes da formación política de En Marea realizaban este mércores unha escenificación da situación que moitos mozos galegos teñen que asumir para buscar traballo. Unha decena de integrantes deste partido desprazábase desde a oficina de emprego situada en Eduardo Pondal ata a estación de trens portando maletas e simbolizando...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Acto sectorial do PSOE sobre asuntos sociais

O PSOE promete construír unha política social a partir dos "escombros" que deixa Feijóo

13/09/2016
Pontevedra

O CEIP Campolongo foi o escenario elixido polas candidatas socialistas Patricia Vilán e María Pierres para manter con colectivos sociais da cidade un acto sectorial no que avanzaron as liñas mestras que se inclúen no programa electoral do PSOE para as eleccións galegas. As socialistas lamentaron os sete anos de "voadura...

PontevedraViva
Visita de María Dolores de Cospedal á fábrica de Pescamar

Cospedal, de campaña en Poio e Bueu: reitera que en Galicia "no podemos permitirnos un bloqueo"

13/09/2016
Bueu

María Dolores de Cospedal abandona Pontevedra tras dous días participando na campaña das eleccións galegas. Fíxoo tras protagonizar diferentes actos en Poio, Bueu e Soutomaior, todos eles relacionados co sector do mar: unha conserveira, unha praza de abastos e unha reunión coas confrarías da provincia. Neles, a secretaria xeral do PP...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Mitin de Luis Bará en Combarro

Luis Bará: "É preciso facer desaparecer da ría a peste de ENCE"

12/09/2016
Poio

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou este luns no mitin celebrado en Combarro que o BNG pelexará por sacar o complexo de Ence-Elnosa da ría de Pontevedra. "É preciso facer desaparecer da ría a peste de Ence”, dixo, para engadir que o impacto de Ence...

PontevedraViva
A candidata de En Marea por Pontevedra, Julia Torregrosa, leu unha declaración institucional

En Marea fala do inicio do curso como "o día do fracaso escolar"

12/09/2016
Pontevedra

A candidata de En Marea por Pontevedra, Julia Torregrosa, leu unha declaración institucional acompañada de outros membros da candidatura diante do Colexio Educación Infantil e Primaria Álvarez Limeses. Aproveitando a xornada de inicio do curso escolar "con máis incertidumes que seguranzas", a candidata de En Marea fixo unha defensa da educación...

Oskar Viéitez
Visita dos candidatos de En Marea ao encoro do Umia

O encoro do Umia volve á primeira liña política con En Marea

11/09/2016
Umia

O encoro do Umia que tanto deu que falar a nivel político e de reivindicacións veciñais nos últimos anos, volveu este domingo á primeira liña da actualidade política da man de En Marea. A candidatura mantivo encontros coa veciñanza  da zona e tamén do Monte da Peneda de Soutomaior ao considerar...

PontevedraViva
Reparto de propaganda electoral do PSdeG-PSOE en Pontevedra

Patricia Vilán propón elaborar un Plan Integral do Deporte Galego despois do 25-S

11/09/2016
Pontevedra

O deporte centrou este domingo a campaña do PSdeG-PSOE para o 25 de setembro en Pontevedra. Cargos e militantes socialistas realizaron un reparto de propaganda electoral encabezados pola número 2 da candidatura por Pontevedra, Patricia Vilán, e insistiron en que o resumo da xestión do presidente en funcións, Alberto Núñez...

PontevedraViva
A praza de touros de Pontevedra, chea ata os topes polo mitin do PP

O PP vence todas as expectativas e saca músculo con 12.000 persoas na praza de touros

10/09/2016
Pontevedra

O Partido Popular superou este sábado as expectativas máis optimistas, que esperaban reunir no mitin central da campaña a 10.000 persoas na praza de touros de Pontevedra, e fixo unha proba de forza  reunindo a máis de 12.000. E máis espazo que houbese, pois máis dun milleiro de simpatizantes e...

Natalia Puga
Cristina Saiz
Accidente ferroviario no Porriño

Os partidos suspenden os actos de campaña polo accidente de tren no Porriño

09/09/2016
Pontevedra

A Xunta de Galicia trasladou as condolencias ás familias dos falecidos e dos feridos no accidente do tren ocorrido este venres no Porriño. O vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, tiña previsto supervisar as instalacións da Praza de Touros para o mitin que o Partido...

PontevedraViva
Inicio da campaña electoral das eleccións autonómicas do 25-S

A campaña electoral comeza cunha atípica pegada de carteis

09/09/2016
Pontevedra

Atípico. Ese é cualificativo que, probablemente, mellor describe o arranque da campaña electoral en Pontevedra. Estas non van ser unhas eleccións autonómicas calquera e esa peculiaridade xa se deixou notar na primeira noite na que os partidos que se presentan a estes comicios poden pedir o voto aos galegos. A avenida...

Alejandro Espiño
Diego Torrado
Xuntanza de candidatos do PSdeG-PSOE con colectivos veciñais da cidade

Os socialistas desconfían das promesas de Feijóo porque a súa credibilidade está "caducada"

08/09/2016
Pontevedra

"Pontevedra necesita feitos e non que lle lembren as promesas incumpridas", recordaron este xoves as candidatas do PSdeG-PSOE por Pontevedra, Patricia Vilán e María Pierres, ao fío dos anuncios electorais feitos nas últimas horas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.  Recordaron que o PP tiveron oito anos para materializar eses...

PontevedraViva
Colectivos feministas fan balance da campaña 'Se non contas con nós, non contes co noso voto"

O debate feminista entra na campaña electoral con compromisos de todos os partidos

08/09/2016
Pontevedra

O debate arredor da necesidade de poñer en marcha medidas para camiñar cara á igualdade en Galicia e loitar contra todo tipo de violencia sobre as mulleres meteuse de cheo na precampaña para as eleccións autonómicas do 25 de setembro. O logro foi de seis colectivos feministas galegos que puxeron...

Natalia Puga
Mónica Patxot
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra

Lores: "A Feijóo só lle faltou prometer un pisito no Caribe a todos os pontevedreses"

08/09/2016
Xeral

Nin variante de Alba, nin pavillón de ximnasia, nin residencia de maiores. Miguel Anxo Fernández Lores non cre ningunha das promesas electorais formuladas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a presentación do programa do PPdeG para as eleccións galegas. "Na campaña algúns pasan a lingua a pasear", afirmou...

Alejandro Espiño
Encontro de Xoaquín Fernández Leiceaga coa diretiva da Federación Galega de Xóvenes Empresarios

Leiceaga defende en Pontevedra un "plan de relevo xeracional" para os autónomos galegos

07/09/2016
Pontevedra

O candidato do Partido Socialista á Xunta de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, mantivo este mércores en Pontevedra un encontro coa directiva da Federación Galega de Xóvenes Empresarios. No encontro Leiceaga defendeu a súa proposta de habilitar un "plan de relevo xeracional" para os autónomos galegos, a semellanza do que xa funciona...

PontevedraViva
Alberto Núñez Feijóo, na presentación do seu programa electoral na Illa das Esculturas

Feijóo compromete a variante de Alba, un pavillón de ximnasia e unha nova residencia

07/09/2016
Pontevedra

O PP, segundo Alberto Núñez Feijóo, é un partido "comprometido" con Galicia e coas súas cidades. E como non pode ser doutra maneira, Pontevedra entre elas. Así, o presidente da Xunta -candidato á reelección o próximo 25 de setembro- estivo este mércores na cidade do Lérez para avanzar os seus...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Reunión entre candidatos do PSdeG-PSOE e a executiva de UGT

Os socialistas culpan a Feijóo do desemprego e o traballo precario en Pontevedra

06/09/2016
Pontevedra

O emprego centrou o acto electoral deste martes do PSdeG-PSOE. Foi durante a xuntanza que mantivo María Pierres, número 4 da candidatura, con membros da executiva do sindicato UGT. Nesta reunión, ademais de escoitar a análise da situación dende a perspectiva sindical, os candidatos fixeron entrega dunha copia das medidas propostas...

PontevedraViva
Luis Bará durante a súa visita a Hifas da Terra

Luis Bará chama desde Hifas da Terra a apostar polo I+D+i en Galicia

06/09/2016
Pontevedra

Galicia ten que ser "puxante e innovadora", segundo o BNG. Por iso, o seu candidato por Pontevedra, Luis Bará, visitou este martes a empresa pontevedresa Hifas da Terra, da que destacou a clara aposta pola inversión en I+D+i, o desenvolvemento do talento e a innovación. Ese é o camiño, dixo,...

PontevedraViva
María Pierres e concelleiros socialistas xunto os directivos do Club Naval

A dragaxe do Lérez segue a ser "prioritario" para o PSdeG-PSOE

05/09/2016
Pontevedra

Unha década despois, Pontevedra segue esperando por unha dragaxe do Lérez que permita retirar os sedimentos acumulados e aumentar o calado da canle de entrada á cidade por mar. Trátase dunha actuación que o PSdeG-PSOE segue considerando "prioritaria", segundo confirmaron os socialistas aos representantes do Club Naval. Así llo trasladou a...

PontevedraViva
O presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, durante a rolda de prensa

Núñez Feijóo e Rajoy farán especial fincapé en Pontevedra durante a campaña electoral

05/09/2016
Pontevedra

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, e o presidente local, Jacobo Moreira, xunto a outros candidatos populares presentaron as principais propostas do programa de Alberto Núñez Feijóo para as próximas eleccións autonómicas. Rueda avanzou que o candidato popular a renovar o seu cargo na presidencia da Xunta de Galicia,...

PontevedraViva
Acto do PP en Cotobade

Cotobade abre o curso político do PP, por primeira e última vez?

27/08/2016
Cerdedo-Cotobade

O PP perdeu en 2015 a Deputación de Pontevedra, pero a institución provincial segue tendo protagonismo na apertura do curso político do partido a nivel nacional. Desde o ano 2007 o acto celebrouse ininterrompidamente no Castelo de Soutomaior, pero este ano rompeu a conta ao impedir o novo goberno provincial...

Natalia Puga
Romaría do Partido Popular en Poio

Alfonso Rueda avoga pola estabilidade en Galicia nun acto con simpatizantes do PP en Poio

21/08/2016
Poio

O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, fixo un chamamento á estabilidade para Galicia ante a situación que están a sufrir outras formacións políticas. Segundo Rueda, os galegos precisan estabilidade e non bromas nin disputas como as que se mostran no resto de partidos. Así o manifestou na undécima romaría...

PontevedraViva
Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo

O PP escolle Cotobade para iniciar a precampaña, coa presenza de Rajoy e Feijóo

20/08/2016
Cerdedo-Cotobade

A provincia de Pontevedra acolle tamén este ano o inicio do curso político do Partido Popular. Nesta ocasión non será no castelo de Soutomaior como viña sucedendo en anteriores citas. A Deputación, gobernada pola socialista Carmela Silva, rexeitou a petición dos populares alegando publicamente que non están permitidos actos partidistas...

PontevedraViva
Patricia Vilán, Carmela Silva e Abel Losada, antes do Comité Provincial do PSOE

Ferraz emenda ao PSOE de Pontevedra e sitúa a Patricia Vilán como número 2

18/08/2016
Pontevedra

Patricia Vilán será finalmente a número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE por Pontevedra nas eleccións autonómicas do 25 de setembro. Tal e como se prevía, a comisión federal do listas, que se reuniu este xoves en Ferraz, a sede socialista en Madrid, modificou a proposta remitida desde o PSOE pontevedrés. Así,...

PontevedraViva
Anabel Gulías, Luis Bará e Olalla Obelleiro, integrantes da candidatura do BNG á Xunta

Luis Bará: "O PP ten unha obsesión enfermiza co Concello de Pontevedra"

12/08/2016
Pontevedra

"Hai alcaldía de Lores para moito tempo", así de claro mostrouse Luís Bará, cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego pola provincia de Pontevedra ás eleccións á Xunta de Galicia previstas para o  próximo 25 de setembro. O tamén concelleiro nacionalista no goberno local de Pontevedra saía en resposta ás...

Anxo Lourido
Xuntanza do comité de campaña do PP de Pontevedra

Rueda avanza unha campaña do PP chea de propostas fronte ás "liortas" doutros partidos

04/08/2016
Xeral

A maquinaria electoral do PP xa está a pleno rendemento. Os populares reuniron este xoves o seu comité de campaña, o órgano que se encargará da organización e desenvolvemento da campaña electoral para as próximas eleccións autonómicas. Unha campaña que, segundo Alfonso Rueda, "vai a ser intensa porque temos moito...

PontevedraViva