Podemos-EU-Son en Común presenta en dixital o seu programa para estas municipais

Pontevedra
16 de maio 2019

O programa que presenta o candidato José Ramón Otero colgábase este xoves no blogue: pontevedrapodemos.wordpress.coma>b>

Candidatura de Podemos-Esquerda Unida Son en Común
Candidatura de Podemos-Esquerda Unida Son en Común

A agrupación Podemos-Esquerda Unida Son en Común presentou este xoves, en formato dixital, o programa electoral da candidatura que presenta José Ramón Otero á alcaldía de Pontevedra.

O documento céntrase na vida da xente e, segundo explica o candidato, busca afrontar os retos máis importantes como a igualdade, a sostenibilidade e o medio ambiente.

No programa aposta por establecer políticas de coidados e conciliación, coa creación de prazas para escolares menores de 3 anos, atención a maiores, dependentes e ás persoas que os coidan, renda básica incondicional, transporte público sustentable e eficiente, ademais de fomentar o uso da bicicleta.

O programa pode consultarse en pontevedrapodemos.wordpress.com