Exposición "Emocións en lenzo", de Ana Mónica Oliveira
Engadir ao meu calendarioAteneo Santa Cecilia, Marín
Ateneo Santa Cecilia, Marín
A partir deste venres 26 de xuño a sede do Ateneo Santa Cecilia acolle a "Emocións en lenzo", a nova exposición de Ana Mónica Oliveira.
A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do local.
A traxectoria da artista no mundo da pintura comezou formalmente en 2018, aínda que o seu interese por esta disciplina artística vén de moito tempo atrás. Desde sempre sentiu unha forte atracción pola arte e pola capacidade de expresión que ofrecen as cores e as formas; unha vocación que a levou a matricularse en clases particulares co obxectivo de desenvolver as súas habilidades e profundar nesta paixón. Desde aquel momento, mantivo unha produción constante, explorando diversas técnicas e estilos.
A súa gran paixón é o retrato, un xénero que lle permite capturar a esencia, as emocións e a personalidade de cada suxeito. Para a artista, a pintura segue sendo, a día de hoxe, unha fonte inesgotable de aprendizaxe, inspiración e crecemento persoal.
A exposición estará aberta ao público no Ateneo do 26 de xuño ao 10 de xullo.
Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 horas.
Ateneo Santa Cecilia, Marín
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra