IX Festival Clasclás en Vilagarcía
Engadir ao meu calendarioVilagarcía
Vilagarcía
A edición de 2026 convértese nunha aposta pola emoción pura; un percorrido que vai dende a profundidade do Barroco e a mestría interpretativa de grandes solistas e ensembles, ata a curiosidade infinita que nos esperta o Universo. Se a paixón de Bach abrirá as portas do espírito no concerto inaugural, a forza rítmica e obsesiva de Ravel será a encargada de devolvernos á terra na clausura.
O Festival Clasclás celebra a súa IX edición en Vilagarcía de Arousa do 20 ao 27 de xuño de 2026, consolidado como un referente de innovación da música clásica actual.
Nove anos de traxectoria representan a maduración dunha idea que hoxe florece nun sentimento compartido: a PAIXÓN.
Baixo este lema, a edición de 2026 convida o público a descubrir a música non como un obxecto do pasado, senón como unha forza viva, transformadora e esencial.
A paixón é o motor dos compositores, dos artistas que interpretan as obras, do equipo que leva a cabo este proxecto e do público leal que escoita cada un dos concertos con verdadero entusiasmo e atención. E tamén é a que move este Clasclás a través dos seus cinco programas xa consolidados:
A maior novidade é, sen dúbida, a participación residente da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), institución de recoñecido prestixio internacional que sitúa o Festival Clasclás nun novo horizonte de excelencia. A súa implicación como orquestra residente vai máis alá dunha colaboración puntual, vertebrando a procramación desta edición a través de dous fitos monumentais que serven de apertura e clausura do festival:
A programación desta IX edición presenta un equilibrio excepcional entre grandes institucións como a Orquestra Sinfónica de Galicia, formacións de cámara de referencia e solistas internacionais que achegan unha gran frescura ao festival (como o Terra String Quartet, Bella Adamova ou o pianista Davit Khrikuli).
A presenza de Noelia Rodiles, recoñecida pola súa solvencia na música contemporanea, avala unha programacion que aposta polo talento de Javier Martínez Campos e o patrimonio de Fernando Buíde. Unha conxunción de excelencia que atopa o seu máximo expoñente na estrea mundial da Tango suite de Claudio Constantini, posicionando o festival na vangarda da interpretación internacional.
O Clasclás 2026 convértese así nunha viaxe por obras viscerais de altisima carga emocional: dende a intensidade dos tangos de Piazzolla e a forza da Fantasia baética de Falla, ata o lirismo de Brahms, o monográfico de Chopin a cargo de Khrikuli ou a fondura dos lieder de Strauss e Mahler que escoitaremos na voz única da mezzosoprano Bella Adámova.
PROGRAMACIÓN SINFÓNICO-ARTÍSTICA E MATINÉE
Son un total de dez os concertos que compoñen esta edición: sete corresponden ao programa sinfónico-artístico, que se realizarán no serán no Auditorio Municipal e no Pazo da Golpelleira, e tres terán lugar en sesión matinée na Igrexa de Vistalegre e no Salón García.
O Clasclás evoluciona este ano incorporando como novidade na súa estrutura unha residencia artística, unha estrea absoluta e un percorrido por autores que exploran formas musicais ata o de agora inéditas no festival. Neste camiño, compre sinalar os seguintes aspectos fundamentais:

Vilagarcía
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra