Mentres isto dure #14: Campaña de vacinación da gripe 2020

Radio
05 de outubro 2020
Actualizado: 27 de novembro 2024

Victoria Aldea Míguez, responsable de vacinas na Xefatura Territorial de Sanidade en Pontevedra.

Mentres isto dure #14: Campaña de vacinación da gripe 2020

Desde o 13 de outubro a poboación de risco xa pode comezar a solicitar a súa vacinación contra a gripe. Unha campaña que se iniciou entre o persoal sanitario. Charlamos con Victoria Aldea Míguez, responsable de vacinas na Xefatura Territorial de Sanidade, en Pontevedra.

Responde a cuestións que pode exporse a cidadanía neste momento: é posible unha coinfección COVID-19 e gripe?, como diferenciar síntomas dunha e outra?, cales son agora grupos de risgo para solicitar a vacina?, van priorizar a determinados grupos de poboación para vacinarse?, se non se é grupo de risco e  quérese a vacina, será posible vacinarse?, é recomendable vacinarse canto antes ou non?.