Localizouse un petróglifo inédito no Monte Xiabre en terreos do monte vecinal da parroquia de Bemil termo municipal de Caldas de Reis que resulta ser un exemplar singular e orixinal pola tipoloxía e variedade dos gravados como coviñas, círculos, liñas radiais partindo dun punto aproveitando a curvatura da pedra, unha serie de trazos entrelazadas formando un conglomerado. Deseño e motivos diferentes dos observados en outros petróglifos do Monte Xiabre como a Laxe dos bolos situado na monte da parroquia de Saiar ou os numerosos exemplares de laxes con gravados situados no monte veciñal da parroquia de Cea (Vilagarcia) totalment cubertos polo toxo.
O petróglifo esta situado perto dun dos 6 Lugares de Interese Paisaxistico (LEIP) do Monte Xiabre que foron incluidos no Catálogo da Paisaxe no ano 2016 a petición do que subscribe esta nota.
O petróglifo en cuestión está situado sobre un outeiro dunha parcela recentemente plantada de piñeiros e librouse de ser arrasado de casualidade... meteron a maquinaria pesada sobre o outeiro no que se sitúa a laxe con gravados, trituraron pedras, desplazaron outras, fixeron buratos sobre o outeiro... deixaron marcada polas máquinas a pedra contigua na que se aprecia algunha coviña...
Unha desfeita innecesaria sobre un espazo improdutivo para plantación pero de indubidable interese paisaxístico e patrimonial que define identidade do territorio.
Asistimos a un arraso xeneralizado dos valores do territorio polos responsables da sua xestion… (por se non fose dabondo coa ocupación do monte con eólicos e canteiras e os incendios)… os traballoso forestais de corta de madeira e novas plantacións de eucalipto ou piñeiro deixan cortas a matarrasa que do mesmo xeito que eliminan todo exemplar de especies frondosas incluídas as da beira dos cauces fluviais ao borde dos camiños, tamén tritura ou despraza pedras..
Do achado da laxe con gravados dase conta a Dirección Xeral de Patrimonio solicitando a súa identificación e restauración da contorna degradada, o SEPRONA e a unidade de patrimonio da Policía Autonómica… do concello de Caldas e concellos da contorna con territorio no Monte Xiabre pouco cabe esperar, se nalgo destacan é no desleixo permanente polo patrimonio cultural situado no Monte Xiabre negándose durante anos ao seu coidado e a súa difusión para turistas e veciños.


Xesús Rodríguez Castro
Veciño de Caldas e Presidente da asociación UMIAVIVO