Responsabilidade nas festas: a túa saúde e o teu peto van agradecelo

23 de decembro 2017
Actualizado: 18 de xuño 2024

Alimentarse é un acto voluntario no que ademais de darlle ao noso organismo o que precisa para sobrevivir, gozamos entorno a unha mesa dende o punto de vista cultural e social. Algo que dista moito de "arranxar" eses días nos que esaxeramos o noso xeito de comer cun senfín de despropósitos

Un ano máis chegou o Nadal e nos remata o 2017. Decembro é ese mes no que abrimos as portas ao exceso: máis alcol, banquetes familiares, ceas de empresa, doces, reencontros con amizades... moita xente aproveita esta etapa para facer unha paréntese e darse unha homenaxe, porque saben que este desenfreo terminará co cambio de ano e pensan "xa terei tempo de me purgar en xaneiro". Craso erro, os milagres non existen.

Alimentarse é un acto voluntario no que ademais de darlle ao noso organismo o que precisa para sobrevivir, gozamos entorno a unha mesa dende o punto de vista cultural e social. Algo que dista moito de "arranxar" eses días nos que esaxeramos o noso xeito de comer cun senfín de despropósitos. Facer dietas detox ou machacarse no ximnasio coma se non houbese un mañán son dúas das prácticas máis soadas para enmenda-los erros destas datas dan sinaladas no calendario.

Se tes o desexo de levar unha vida saudable e respectuosa co medio ambiente incluso nesta etapa do ano, tes que saber que existen pequenos xestos do día a día que podemos cambiar tan só con adicarlle un pouco de tempo. Recorda que estamos no primeiro mundo e gracias a isto temos a posibilidade de escoller, cousa que noutros lugares do mundo é imposible.

A continuación déixovos un decálogo de boas prácticas para que tod@s poidamos disfrutar dunhas festas tranquilas, sanas e sustentables; porque se vivimos o Nadal e o aninovo con cabeciña, o noso corpo, mente e o planeta terra váinolo agradecer durante moitos anos máis. ¡¡BO NADAL!!

  1. Compra responsable: fai unha lista da compra ben planificada parándote a pensar cantos sodes e a cantidade que se vai consumir. Descarta os produtos con embalaxes innecesarias (plástico, porexpán). Se ides ser moitos inclínate por produtos a granel ou en formato grande; aforrarás cartos e a túa pegada ecolóxica será moito menor.

  2. Reduce o consumo de carne. En España acostumamos a abusar de produtos cárnicos que son moi pouco eficientes a nivel enerxético e posúen un grande impacto ambiental. Ademais os fiames procesados soen ser ricos en graxa e sal. Recupera as legumes na mesa ou opta por peixes ou mariscos locais procedentes de pesca sostenible ou artesana que non utiliza métodos destructivos.

  3. Guarnicións vexetais. A verdura é a maior fonte de fibra, un carbohidrato que non se dixire e ademáis retén auga, polo que forma unha especie de xel que nos fará sentirnos máis saciados e nos axudará a regular o apetito. Garabanzos con bacallao e espinacas, espárragos, coliflor, navizas... vivimos rodeados de saborosos produtos verdes locais ¿quen non ten un familiar no pobo con fincas ou coñece algunha cooperativa á que mercarlle verdura ecolóxica?

  4. Bebe auga e modera o alcol e refrescos. Aproveita para invertir un pouco máis nun bo viño e brinda con él neses días sinalados. Como bebida principal utiliza a auga. Evita os refrescos en todas as súas variantes.

  5. Entremeses e sobremesas: cando estamos a preparar un festín ou ao estar máis tempo frente á mesa, acostumamos picotear todo o que reluce ante os nosos ollos. Os froitos secos poden ser un gran aliado sempre e cando teñamos autocontrol. Améndoas, noces, anacardos (mellos a opción sen sal), sacian moito e nutren pero tamén son moi calóricos. Debemos tomalos en cantidades moderadas. Como opción doce podemos facer unha bica ou galletas caseiras, ou mesmo encargar turrón artesán.

  6. Móvete! Que esteamos de festa non está rifado con saír a dar un paseo por Pontevedra. É máis, ao ter máis tempo libre saír a dar unha volta na bicicleta coa nosa familia é unha forma fantástica de consumir ese exceso de calorías que se nos poido "colar" na comida ou na cea.

  7. Que reine a Paz: ao pasar máis tempo na casa compartimos máis momentos ca familia e isto sumado ao nerviosismo porque todo saia perfecto pode traer algún que outro roce. Falemos sobre temas de actualidade evitando a polémica, escoitemos diversas opinións entendendo que non todos tempos que pensar igual, debatamos dende unha actitude tranquila e optimista. Valoremos o afortunados que somos por ternos os uns aos outros.

  8. Descansa... pero non te pases. Estamos fartos de ter unha hora á que o despertador timbra e nos obriga a levantarnos. Queremos recuperar ese sono perdido e iso pode levar a que nos pasemos de remolóns. Procura durmir oito horas pero non máis de nove. É tan malo o defecto coma o exceso.

  9. Aforra, acórdate dos que menos teñen. A pobreza enerxética, o cambio climático, os refuxiados... procura apagar as luces se non son necesarias, non te pases coa calefacción, pecha a billa. Separa os diferentes tipos de residuos. Reduce, Reutiliza, Recicla.

  10. MESURA: Como resumo de todo o anterior, sé consciente da cantidade de comida que se tira cada día. Non sexas sedentario e move o cú un pouco máis do usual. Descansa, sorrí... DISFRUTA!

Foto: jacinta lluch valero - Flickr