Pontevedra #CorazónDeOutono: Mestizaxes

Radio
01 de novembro 2021
Actualizado: 27 de novembro 2024

Mestizaxes chega a Pontevedra do 2 ao 7 de novembro.

Pontevedra #CorazónDeOutono: Mestizaxes /
Pontevedra #CorazónDeOutono: Mestizaxes
Pontevedra #CorazónDeOutono: Mestizaxes

Pontevedra Capital Castro, baixo o paraugas da Concellería de Promoción Económica e Turismoinicia este martes 2 de novembro unha nova proposta gastronómica que visibilizará a cociña internacional que ofrece a hostalería da cidade: Mestizaxes. Vertébrase dunha parte cos 'Encontros mestizos' que se desenvolverán na Casa das Campás ata o xoves 4 e desde esa mesma xornada  ata o domingo 7 o primeiro festival gastronómico 'As cociñas de ida e volta' na Praza de España para degustar tapas doces e salgadas.

Para coñecer os obxectivos e propostas que expón Mestizaxes falan a concelleira desta área, Yoya Blanco; o vicerreitor do Campus de PontevedraJorge Soto; e os cociñeiros e empresarios Francesco Iannelli e Rubén González de Il Piccolo máis El Cafetín. A esta colaboración de administración local, entidade académica e sector hostaleiro hai que sumar tamén ao CIFP Carlos Oroza.