O outono ten as súas cores, sabores e olores en Pontevedra. Estes sentidos pódense gozar non soamente cos propios recursos paisaxísticos e patrimoniais da capital, senón tamén coas propostas que promove Turismo de Pontevedra e Visit Pontevedra e do que falamos neste primeiro podcast #CorazónDeOutono coa concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco.