Fondo Norte Podcast. Bipolares

Fondo Norte Podcast
14 de abril 2026
Fondo Norte Podcast

Neste episodio hai un dous por un. E é que os granates fixeron fronte a dous partidos nos últimos sete días.

Dunha parte, o encontro ante o Getxo e por outra banda, o xogado coa Ponferradina.

"Dous partidos nos que o Pontevedra CF mostrou dúas caras da moeda, cruz e cara".

"A cruz en Getxo, perdendo 1-0 e a cara contra a Ponferradina en Pasarón gañando 3-1".

Así que neste episodio falan de ambos os partidos e tamén da recta final da tempada.