Sen dúbida, por contido, leste o episodio máis controvertido da presente tempada.
Fondo Norte Podcast entra de cheo no sucedido o pasado fin de semana ao chegar ao final do partido do Pontevedra CF fronte ao Real Avilés.
E aínda hai máis, convidan a Pablo Lois (Lois Carreira Avogados) para interpretar esta inédita tesitura para os locais.
Pero non só quedan no sucedido o pasado sábado, tamén repasan unha tempada "que nos volveu a ilusionar como facía moito tempo que non pasaba".