A familia Xachoconto. CEIP As Bizocas de O Grove (2)

A familia Xachoconto
31 de maio 2026
'A familia Xachoconto' co CEIP As Bizocas de O Grove

Tras o episodio anterior con alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP As Bizocas de O Grove, é a quenda para os seus compas de 5º e 6º.

O espazo mantívose como eixo temático da visita a PontevedraViva e PontevedraViva Radio, xa que é o tema común do centro neste curso lectivo que xa remata.

Un dos nomes propios da visita foi o de Laika, a cadela rusa que se converteu no primeiro ser vivo en viaxar ao espazo; outro o de Peggy Whitson, a persoa que segue acumulando máis horas de estancia no espazo exterior.

Exerceron de opinadores sobre diferentes asuntos que se lles expuxeron, e falaron dos seus hábitos lectores.

'A familia Xachoconto' é unha iniciativa que ofrece un achegamento aos medios de comunicación e ao tempo promove o hábito lector entre alumnos de Primaria e Secundaria.