Eloy Moreno leva publicando desde 2010 novelas de exitoso resultado en lectores. Aínda que comezou con libros para público adulto, co tempo foi sumando contidos para público infantil e xuvenil.
Foi o caso da súa cuarta novela, 'Invisible' publicada en 2018 e co bullying como transfondo. Para mozos e para adultos chegou ao mercado editorial 'Redes' en 2024.
Charlamos no podcast 'Cara a cara' coa súa tradutora ao galego, Rosario Baleirón Sóñora, sobre redes sociais que é o fío condutor da novela.
Compaxina esta actividade profesional coa dirección do departamento de innovación pedagóxica de FEDEGA-CECA en Galicia. Ten publicado un libro infantil e está en camiño o segundo.
Precede á charla unha breve recreación sonora de 'Redes' en galego.