Alberto Pazo volve levarche aos sons que chegan de Xapón e no que ao rock progresivo refírese.
"Bandas e músicos de onte e de hoxe que marcaron pegada coa súa particular maneira de entender o rock progresivo, sempre fascinantes, sempre interesantes".
Soan Bi Kyo Ran e a súa interpretación do legado crimsoniano; Asturias e o seu academicismo impecable; o power trio Baraka; os delicados Fromage e os seus sucesores Cinema.
Seguen Teru's Symphonia, Vermillion Sands e Pageant, que inciden tamén na vertente máis melódica e evocadora.
Mr. Sirius, que exploran o camiño do jazz rock e o Canterbury; e uns auténticos herdeiros de Camel, TEE. Que os gocedes como se merecen".