Chega o 'multamóbil'

O 'multamóbil' vixiando o uso dos aparcamentos na Praza de Barcelos

O multamóbil 'caza' a dous infractores no seu primeiro día operativo por Pontevedra

16/06/2014
Pontevedra

O multamóbil está de estrea. Este luns foi o seu primeiro día operativo polas rúas da cidade de Pontevedra e en apenas unhas horas xa cazou os primeiros infractores que tiñan un uso indebido, segundo a Policía Local, dos estacionamentos reservados para servizos. Dos cinco vehículos que 'suxeriu' que deberían...

Alejandro Espiño
Diego Torrado
Presentación oficial do 'multamóbil' ou 'ollomóbil' da Policía Local

Acabou o período de probas: a partir do luns o 'ollomóbil' vixiará as rúas de Pontevedra

11/06/2014
Pontevedra

A partir do próximo luns o 'ollomóbil', máis coñecido como 'multamóbil' comezará a controlar os estacionamentos irregulares que se producen nas rúas de Pontevedra. A Praza de España acolleu este mércores a súa presentación pública e os primeiros curiosos xa se achegaron ata el para que os axentes da Policía Local...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Cámaras do "multamóbil"

Así funciona o "multamóbil"

11/05/2014
Pontevedra

Nuns días completarase o proceso de formación dos axentes municipais e será entón cando o multamóbil empece a funcionar polas rúas de Pontevedra. O coche, un Toyota Aygo, rotulado cos distintivos da Policía Local é doadamente identificable. O multamóbil conta con cámaras capaces de cubrir todo o frontal e o lateral que...

Oskar Viéitez
Toyota Aygo, vehículo que exercerá de 'ollomóbil' en Pontevedra

Ao 'multamóbil' só lle faltan "detalliños" para entrar en funcionamento

14/04/2014
Pontevedra

A concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, indicou este mediodía que ao vehículo 'multamóbil' só lle faltan "detalliños" para que poida entrar en funcionamento, pero non quixo dar unha data aproximada sobre cando comezará a estar operativo polas rúas de Pontevedra. Carme da Silva apuntou que se está a...

PontevedraViva
O 'ollomóbil' en período de probas

O 'ollomóbil' circula xa pola cidade en fase de probas

12/03/2014
Pontevedra

A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, confirmou que o Concello de Pontevedra xa conta co vehículo que exercerá as funcións de 'ollomóbil' tamén coñecido como 'multamóbil', e que está a ser sometido a unha comprobación por parte de funcionarios municipais e á actualización do software antes de que...

PontevedraViva
Un Toyota Aygo adaptado será o que vixíe as rúas de Pontevedra

O 'multamóbil' atrásase ata a primeira quincena de febreiro

15/01/2014
Pontevedra

O vehículo de control de estacionamento 'multamóbil' ou, como prefire denominalo o Goberno Local, o 'ollomóbil', atrasarase. O 30 de decembro a concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, anunciaba que en quince días estaría operativo, o que significa que este mércores 15 de xaneiro debería estar operativo, pero...

Natalia Puga

En quince días estará operativo o 'multamóbil' ou 'ollomóbil' da Policía Local

30/12/2013
Pontevedra

Segundo informou a concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Carme Da Silva, en quince días estará operativo o vehículo de control de estacionamentos, coñecido como 'multamóbil' ou como prefire denominalo o Goberno Local, o 'ollomóbil'. Trátase dun vehículo policial rotulado que incorpora cámaras que permiten ler a matrícula dos vehículos mal estacionados,...

Oskar Viéitez
Coches aparcados en dobre fila na rúa Echegaray

Adeus á dobre fila en Echegaray

29/11/2013
Pontevedra

A partir da próxima semana será materialmente imposible deixar o coche mal aparcado en Echegaray. O goberno municipal decidiu que esa rúa e a súa paralela, Xeneral Martitegui, pasen a ser zonas reservadas integramente para estacionamento de servizos. Tan só respectaranse as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida,...

Alejandro Espiño
Un Toyota Aygo adaptado será o que vixíe as rúas de Pontevedra

Aprobada a compra do vehículo ao que Mosquera evita chamar 'multamóbil'

18/10/2013
Pontevedra

A xunta de goberno de Pontevedra aprobou a adquisición dun Toyota Aygo, o vehículo que se encargará de controlar aqueles turismos que se encontren mal estacionados. Así o anunciaba o concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, que culpaba o Partido Popular de denominar ao vehículo como 'multamóvil'. Segundo expón o edil, este...

Anxo Lourido