O Goberno destinará 100.000 euros á reparación do camiño de acceso á ermida da Lanzada. Así o anunciou a portavoz do executivo, Isabel Celaá, tras a reunión do consello de ministros celebrado este venres.
O investimento realizarase a petición da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa do Mar do Ministerio de Transición Ecolóxica.
Os traballos iniciáronse en maio, por procedemento de emerxencia, para devolver canto antes ao seu estado o noiro que sustenta o camiño ao recinto da capela, a torre e a necrópole da Lanzada.
Todo iso tras os desprendementos de terras que produciron unha focha importante no noiro, con caída de restos cara á praia, que afectaron o trazado do camiño de acceso tanto ao recinto da capela, como á torre e necrópole da Lanzada
As obras concluirán cando se comprobe a estabilidade do noiro, xa que o obxectivo das reparacións é garantir a seguridade de quen accede á zona.