15 de xuño, data de entrega de composteiros na Casa de Cultura de San Xulián

Marín
01 de xuño 2022

O Concello de Marín anuncia que todas as persoas interesadas en obter un composteiro individual deberán escribir un correo electrónico a [email protected]> ou chamar ao teléfono 986 88 03 00.

Composteiro individual
Composteiro individual

A boa resposta que a compostaxe individual está a lograr en Marín, segundo o goberno local, levou a que a concellería de Medio Ambiente reparta un centenar de novos composteiros individuais entre a veciñanza. Trátase de composteiros procedentes da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).

A entrega realizarase, segundo indica a concelleira Marián Sanmartín, o mércores 15 de xuño a partir das 20.00 horas na Casa de Cultura de San Xulián. Tamén se ofrecerán cubos pequenos domésticos para recoller os restos orgánicos nas cociñas e despois trasladalos aos espazos para compostar.

O  Concello de Marín conta cunha listaxe de repartición pero indica que aínda quedan composteiros dispoñibles. As persoas interesadas en reservar un composteiro individual deberán inscribirse enviando un correo electrónico a [email protected] ou chamando ao teléfono 986 88 03 00.