160 vivendas de Mourente poderán conectarse ao saneamento nas próximas semanas

Pontevedra
22 de xuño 2017

As obras de saneamento nos lugares do Pazo, Carabelos, Eirós e Leirados xa están rematadas. Unhas 160 vivendas de Mourente poderán engancharse á rede nas próximas semanas, segundo avanzou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que revisou este xoves os traballos realizados nos últimos meses

Reunión do alcalde con veciños de Mourente polas obras de saneamento Concello de Pontevedra

As obras de saneamento nos lugares do Pazo, Carabelos, Eirós e Leirados xa están rematadas. Unhas 160 vivendas de Mourente poderán engancharse á rede nas próximas semanas, segundo avanzou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que revisou este xoves os traballos realizados nos últimos meses.

O Concello xa está facendo toda a tramitación administrativa precisa para que poidan engancharse á rede de saneamento canto antes. Nas próximas semanas daráselles aviso.

As obras de saneamento realizadas incluíron a instalación de 5.000 metros lineais de tubaxes, ás que se sumou unha rede de recollida de augas pluviais de 852 metros lineais, no tramo da estrada Pontevedra- Ourense, comprendido entre os quilómetros 88 e 90.

Trátase da instalación de tubos de 400 milímetros cos seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros.

A rede de saneamento de Mourente é a última obra do convenio de colaboración asinado no seu día con Fomento.

Rematada a instalación do saneamento queda pendente a construción das beirarrúas e as medidas de seguridade viaria comprometidas.