166 persoas participaron na camiñada de Ponteandadas polo río dos Gafos

Pontevedra
10 de outubro 2021

Un total de 166 persoas participaron na mañá deste domingo no segundo roteiro do programa Ponteandadas. Nesta ocasión, os participantes percorreron a contorna do río dos Gafos a través  do lugar de Cabanas, en Salcedo

Segunda camiñada de Ponteandadas
Segunda camiñada de Ponteandadas / Concello de Pontevedra

Un total de 166 persoas participaron na mañá deste domingo no segundo roteiro do programa Ponteandadas. Nesta ocasión, os participantes percorreron a contorna do río dos Gafos a través do lugar de Cabanas, en Salcedo.

Impulsada pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde no marco do seu proxecto A Vida é Movernos, a camiñada, marcada e indicada con frechas amarelas, desenvolveuse en base un estrito protocolo anti-covid, do mesmo xeito que a anterior saída.

Así, realizáronse grupos dun máximo de 20 persoas con recepción nun circuíto valado localizado na Praza do Gremio de Mareantes e medidas de prevención, mascarilla obrigatoria, distancia mínima de dous metros e a necesidade de respectar as indicacións dos monitores, de non adiantalos e de manterse sempre no mesmo grupo. Tamén contaron con servizo de ambulancia.

A seguinte ruta de Ponteandadas será o domingo 24 de outubro no parque forestal da Fracha e con saída desde a área recreativa ás 10:00 horas. Ademais, a Concellería ten previstas dous roteiros máis, un polo encoro do Pontillón do Castro para o 7 de novembro e outra polo parque forestal da Tomba para o 21 de novembro.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse coa firma Naturgaliza a través da dirección de correo electrónico [email protected] ou o whatsapp 625 48 26 36. O máximo de participantes é de 200 por roteiro.