19 instantáneas para compartir a realidade das persoas con parálise cerebral

Pontevedra
06 de xullo 2016

Esta mostra poderá ser visitada ata o día 25 de xullo na Casa da Luz de Pontevedra Nas fotos compróbase como a súa vida é idéntica á de calquera outra persoa, máis alá da discapacidade que padecen

Exposición Itinerante do V Concurso de Fotografía Aspace na Casa da Luz Mónica Patxot

ASPACE-Galicia inaugurou na Casa da Luz a exposición itinerante do V Concurso de Fotografía desta confederación na que se poden ver 19 instantáneas que ofrecen distintas perspectivas de persoas que padecen algunha discapacidade cerebral. O obxectivo desta mostra céntrase en transmitir a o día a día das persoas con parálise cerebral.

Nestes traballos pódense observar catro temáticas: capacidades, novas tecnoloxías, lecer e deporte. A exposición quedaba aberta este martes 5 coa presenza da concelleira de Asuntos Sociais, Carmen Fouces, ademais de membros da directiva de Amencer-Aspace, un colectivo que cumplle 25 anos de existencia durante este 2016. Fouces apuntou que "sen vós a cidade non sería nin a cuarta parte do que é" en referencia aos integrantes deste colectivo.

Aspace trata en Galicia a máis de 400 persoas con discapacidade cerebral a través do traballo de 72 persoas voluntarias.

A mostra pódese visitar ata o 25 de xullo na entrada da Casa da Luz.