200.000 euros para dinamización da lingua galega e normalización nos concellos da provincia

Pontevedra
05 de xuño 2017

Na comarca de Pontevedra o total das axudas ascende a 26.959,07 euros. Foron un total de 6 solicitudes, para desenvolvemento de programas de dinamización, e corresponden aos concellos de Barro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, e Vilaboa

María Reimóndez, gañadora do premio Johán Carballeira de poesía
María Reimóndez, gañadora do premio Johán Carballeira de poesía / Concello de Bueu

A Deputación de Pontevedra concedeu axudas para dinamización lingüística a 39 concellos e á Entidade Local Menor de Queimadelos, unha liña de subvencións que financia programas de dinamización da lingua galega e servizos de normalización por un importe total de 200.000 euros.

As subvencións concedeunas o servizo de Cultura e Lingua da Deputación por segundo ano consecutivo e 35 das entidades solicitantes optaron polos programas de dinamización da lingua, mentres que 5 solicitaron axuda para o servizo de normalización.  

Na comarca de Caldas o importe total das solicitudes concedidas suma 17.321,81 euros. As solicitudes, todas para programas de dinamización, corresponden aos concellos de Catoira, Cuntis, Moraña e Valga.

Na comarca de Pontevedra o total das axudas ascende a 26.959,07 euros. Foron un total de seis solicitudes, para desenvolvemento de programas de dinamización, e corresponden aos concellos de Barro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, e Vilaboa. 

Na comarca do Salnés o conxunto das axudas ascende a 32.427,62 euros, para un total de 5 solicitudes. Os concellos de Vilagarcía de Arousa e O Grove solicitaron para mantemento do servizo de normalización lingüística; e os concellos de Cambados, Ribadumia, e Sanxenxo solicitaron para programas de dinamización.

Na comarca do Morrazo as axudas suman 23.920,26 euros e presentaron solicitudes os catro concellos da comarca. O concello de Moaña presentou para o mantemento do servizo de normalización lingüística e Bueu, Cangas e Marín para programas de dinamización da lingua. 

As axudas contemplan expresamente a creación e mantemento de premios que fomenten o uso do galego e recibiron axuda, entre outros, os premios de xornalismo e poesía Johan Carballeira de Bueu, o certame de narración 'No verán refréscate con libros', de Marín; e o Premio Matilde Bares de relatos de igualdade, de Bueu.