200 persoas apoian a protesta de S.O.S. Panadeira contra as obras do Náutico

Sanxenxo
26 de xaneiro 2014

Á manifestación convocada pola plataforma asistiron representantes da Asociación pola defensa da ría co seu presidente, Antón Masa, á fronte

Numerosos veciños, a pesar da choiva, acudiron á convocatoria da plataforma SOS Panadeira para realizar unha manifestación en contra dos peiraos que o Club Náutico pretende construír no porto de Sanxenxo. Os asistentes trasladáronse dende a Praza Dos barcos ata a sede do Club Náutico, onde entoaron cánticos de protesta.

A esta marcha acudiu o presidente da Asociación pola defensa dá Ría, Antón Masa, xunto a outros membros deste colectivo. Masa foi un dos encargados de ler o manifesto reivindicativo xunto a Javier Villalustre, voceiro da plataforma veciñal. Nese comunicado recordábase que é a sociedade civil a que realiza esta protesta para evitar unha "barbarie".

Segundo publica o Faro de Vigo, a plataforma SOS Panadeira pedirá este luns 27 no xulgado que se estableza a suspensión preventiva dos traballos que o Club Náutico continuou mentres non se resolven os recursos que foron presentados por parte do colectivo veciñal e polo Concello de Sanxenxo.