Panadeira e os pantaláns do Náutico

Pantaláns fronte a praia da Panadeira

Sanxenxo recorrerá ante o Supremo polo novo pantalán do Náutico

16/01/2019
Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo tomou a decisión de presentar ante o TSXG, o escrito de preparación previo ao recurso de casación ante o Tribunal Supremo polo novo pantalán do Náutico. Neste recurso o concello incide en que Portos de Galicia "non xustificou a necesidade ou conveniencia de ampliar os servizos náutico-deportivos no...

Oskar Viéitez
Sede do Parlamento Europeo

AGE levará ao Parlamento Europeo as denuncias de SOS Panadeira

23/02/2016
Sanxenxo

Este mércores 24 de febreiro, cinco representantes do colectivo SOS Panadeira acudirán ao Parlamento Europeo convidados por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), para "trasladar a situación que está a vivir a veciñanza de Sanxenxo en loita pola defensa das praias urbanas de A Iriña e A Panadeira, afectada...

PontevedraViva
Reunión do goberno local de Sanxenxo con SOS Panadeira

O goberno local analiza con SOS Panadeira a situación da praia dos Barcos

13/10/2015
Sanxenxo

O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, mantivo este martes unha reunión con dous portavoces de SOS Panadeira na que repasaron algunhas das reivindicacións que este colectivo ven defendendo nos últimos anos, á vez que puxeron sobre a mesa a necesidade de que o próximo verán a praia dos Barcos conte...

PontevedraViva
Alfonso Delgado, actor do anuncio da Lotería de Nadal de 2014

O parado do anuncio da Lotería de Nadal protagoniza a campaña de SOS Panadeira

14/09/2015
Sanxenxo

Alfonso Delgado tocou o corazón de moitos españois o pasado ano interpretando a Manuel, o parado protagonista da dramática campaña de Lotería de Nadal que tanto emocionou á cidadanía. Lembran: Antonio, o dono do bar ao que baixa Manuel todos os días a tomar café, dille, cando todo o bar está...

Oskar Viéitez
Embarcacións no Porto de Sanxenxo

SOS Panadeira denuncia ante a Garda Civil a limpeza dos barcos no porto de Sanxenxo

08/07/2015
Sanxenxo

A plataforma cidadá SOS Panadeira denunciou ante o Seprona da Garda Civil e o servizo de Medio Ambiente o suposto delito ambiental que, ao seu xuízo, comete o porto deportivo Juan Carlos I coa limpeza dos barcos. Na denuncia explican que as embarcacións son subidas por unha grúa para ser limpadas...

Oskar Viéitez
Pantaláns fronte a praia da Panadeira

SOS Panadeira esixe ao Partido Popular a destitución de Jose Juan Durán como presidente de Portos de Galicia

25/02/2015
Sanxenxo

Membros do colectivo SOS Panadeira viaxaron este martes a Santiago para reunirse co grupo parlamentario do PP, sendo recibidos polos deputados José Manuel Balseiros e Rosa Oubiña. Segundo informaron os representantes desta Plataforma a reunión transcorreu "polos rumbos habituais que marca a urbanidade en canto a recibimento, acompañamento e saúdos". Estas mesmas...

Oskar Viéitez
A eurodeputada Ana Miranda con representantes da Plataforma SOS Panadeira

Chegan á Comisión Europea as reivindicacións de SOS Panadeira

28/01/2015
Sanxenxo

A eurodeputada do BNG, Ana Mirada, presentou unha pregunta na Comisión Europea sobre a problemática do peirao do Real Club Náutico de Sanxenxo nas proximidades das praias de Panadeira e Os Barcos. "¿Ten coñecimiento a Comisión deste proxecto? ¿Pode informar a Comisión Europea se o Plan de viabilización do espazo portuario...

PontevedraViva
Praia de Carabuxeira en Sanxenxo

A Xunta bota balóns fóra sobre a 'pataca quente' da Carabuxeira en Sanxenxo

23/12/2014
Sanxenxo

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, declinou este martes calquera tipo de responsabilidade en relación cunha das ⿿patacas quentes⿿ da política e a vida social de Sanxenxo, o conflicto derivado da construción do porto deportivo Juan Carlos I, na praia da Carabuxeira. Abstívose de ofrecer calquera solución...

PontevedraViva
Barcos do Team Campos no Porto Juan Carlos I de Sanxenxo

SOS Panadeira pide explicacións sobre o novo convenio co Team Campos

11/12/2014
Sanxenxo

A plataforma veciñal SOS Panadeira esixe explicacións ao goberno local de Sanxenxo sobre as condicións do "novo convenio, se o houber, do noso Concello coa empresa de Pedro Campos". SOS Panadeira apunta que nestes momentos a ocupación do chan público é de máis de 350 metros cadrados "no Porto Deportivo Público...

PontevedraViva
O presidente da Xunta na Cadena Cope

SOS Panadeira salta á area política

02/11/2014
Sanxenxo

A Plataforma SOS Panadeira iniciou unha "loita política" contra as obras do Club Náutico no porto deportivo de Sanxenxo, comezando unha roda de entrevistas, achegamentos e negociacións para intentar revertir a situación acutal que definen como "feito consumado". O pasado xoves membros do colectivo contactaban co presidente da Xunta, Alberto Núñez...

PontevedraViva
Retirada dunha pancarta de SOS Panadeira na zona portuaria

A Policía Local de Sanxenxo retira as pancartas de SOS Panadeira

13/08/2014
Sanxenxo

A Policía Local de Sanxenxo retirou as pancartas da Plataforma SOS Panadeira na zona portuaria, segundo denuncian dende este colectivo, debido á orde do primeiro tenente de alcalde, Salvador Durán, que entende que estes faldróns de protesta incumpren a normativa municipal sobre publicidade. Dende a Plataforma SOS Panadeira cualifican esta decisión...

PontevedraViva
Os Reis con Pedro Campos

SOS Panadeira recomenda ao rei Felipe VI que se "distancie" de Pedro Campos

01/08/2014
Sanxenxo

A plataforma cidadá SOS Panadeira dirixiuse por carta ao rei Felipe VI para recomendarlle un "distanciamento" de persoas como Pedro Campos, presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo. No escrito dirixido á Casa Real este colectivo felicita o Rei pola súa recente coroación á vez que o alentan "nos incipientes pasos...

Oskar Viéitez
Retirada dos pilotes fronte á praia da Panadeira

SOS Panadeira denuncia "novas irregularidades" nas obras do Náutico

04/06/2014
Sanxenxo

SOS Panadeira cualifica de "claramente belixerante en contra do interese xeral e a favor do Real Club Náutico de Sanxenxo" a actuación de Portos de Galicia. Este colectivo veciñal asegura que durante as últimas xornadas se cortaron algunhas das estacas sobre as que se ía instalar o peirao. Esta actuación...

Oskar Viéitez
Agresión sufrida por un dos integrantes de SOS Panadeira

Retiran a demanda un día antes do xuízo contra tres integrantes de SOS Panadeira

06/05/2014
Sanxenxo

O avogado do Real Club Náutico de Sanxenxo comunicou este martes a retirada da denuncia formulada por uns dos seus operarios contra tres integrantes da Plataforma SOS Panadeira. O xuízo estaba previsto para o mércores no Xulgado de Cambados despois de ser aprazado nunha ocasión anterior. A denuncia presentárase o pasado...

Oskar Viéitez
Os manifestantes formaron a palabra SOS na praia da Panadeira

O altercado entre SOS Panadeira e o Náutico queda nun xuízo de faltas

28/04/2014
Sanxenxo

O Xulgado de Cambados celebrou este luns a vista polos sucesos acontecidos o pasado 5 de febreiro na sede do Real Club Náutico de Sanxenxo. Os integrantes da Plataforma SOS Panadeira e os representantes do Náutico acusábanse mutuamente dun altercado. Ante o xuíz compareceron ata quince membros da plataforma e tres empregados...

PontevedraViva
Pancarta de SOS Panadeira

Xornadas reivindicativas para SOS Panadeira

18/04/2014
Sanxenxo

Nada de vacacións. Tamén en Semana Santa os integrantes do colectivo SOS Panadeira manteñen activa a súa loita para evitar a construción duns amarres por parte do Real Club Náutico de Sanxenxo. Numerosos turistas que estes días visitan Sanxenxo están a coñecer o conflito polos polémicos peiraos e moitos deles solidarízanse...

Oskar Viéitez
Axentes da Garda Civil identificando a membros de SOS Panadeira

SOS Panadeira cambia a súa estratexia: "do activismo ético á resistencia pasiva"

07/03/2014
Sanxenxo

A partir de agora a Plataforma SOS Panadeira cambia a súa estratexia: "del activismo ético a la resistencia pasiva". ÿ dicir, segundo explicou Guadalupe Gómez, voceira de SOS Panadeira, seguirán loitando pero sen actividades físicas que interrompan a obra de ampliación dos peiraos. Esta decisión débese en boa parte á permanente...

Oskar Viéitez

O Náutico de Sanxenxo eliminará oito pivotes de suxección do pantalán

06/03/2014
Sanxenxo

Portos de Galicia vén de admitir a trámite este xoves unha modificación da proposta de accesos ao pantalán que está a construír o Real Club Náutico de Sanxenxo. A entidade deportiva propón unha variación nos accesos, que o ente público valora "positivamente" ao entender que "supón unha mellora ao proxecto". Segundo...

PontevedraViva

Nauta asegura que os planos do Náutico non se corresponden coa realidade

05/03/2014
Sanxenxo

Nauta Sanxenxo, a empresa municipal encargada da xestión do Porto Deportivo Juan Carlos I, estuda novas medidas a adoptar con respecto ao uso que realiza o Real Club Náutico desas instalacións públicas. Ademais, dende esta sociedade analizan tamén accións a emprender con respecto aos acordos alcanzados cos equipos de vela...

PontevedraViva
Axentes da Garda Civil identificando a membros de SOS Panadeira

O Xulgado ordena á Garda Civil garantir a continuidade das obras do Náutico

27/02/2014
Sanxenxo

Un novo auto xudicial apoia as obras que o Náutico de Sanxenxo está realizando para construír os seus novos pantaláns. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados acordou este xoves unhas dilixencias previas polas que insta á Garda Civil de Sanxenxo a que "se garanta o...

PontevedraViva

Sanxenxo esixe a Portos de Galicia a "paralización inmediata" das obras do Náutico

27/02/2014
Sanxenxo

A situación xerada pola construción dos novos pantaláns do Náutico de Sanxenxo "é xa insostible", asegura a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González. Por iso é polo que o goberno municipal requira a Portos de Galicia a "paralización inmediata" destes traballos que o club está realizando no Porto Deportivo Juan Carlos...

PontevedraViva
Incidentes no porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo

Investigan as "lamentables e gravísimas" agresións sufridas por membros de SOS Panadeira

26/02/2014
Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo teno claro. As agresións sufridas este martes por membros de SOS Panadeira no Porto Deportivo Juan Carlos I son uns feitos "lamentables e gravísismos". Así o asegura o concelleiro de Seguridade Cidadá, Salvador Durán, que ordenou á Policía Local investigar o sucedido. Segundo denuncia a plataforma,...

PontevedraViva

SOS Panadeira denuncia agresións nun novo enfrontamento polo pantalán do Náutico

25/02/2014
Sanxenxo

Efectivos da Garda Civil tiveron que intervir a primeiras horas da mañá deste martes 25 no ámbito da praia da Panadeira en Sanxenxo ante o altercado que se orixinou entre operarios das obras de instalación do peirao do Náutico e un grupo de veciños que integran a plataforma SOS Panadeira. Ás...

PontevedraViva

O Náutico de Sanxenxo e SOS Panadeira crúzanse denuncias por agresións

20/02/2014
Sanxenxo

O Real Club Náutico de Sanxenxo (RCNS) emitiu un comunicado no que asegura que "unha vez máis os integrantes de SOS Panadeira fixeron oídos xordos ao ditado polo Xulgado", nesta ocasión, segundo a versión que trasladan dende este club, os opositores ao proxecto de ampliación dos amarres "impediron aos traballadores...

PontevedraViva

Nauta Sanxenxo non permitirá a venda nin o aluguer dos novos amarres do Náutico

06/02/2014
Sanxenxo

O consello de administración de Nauta Sanxenxo decidiu, nunha reunión celebrada este xoves, propoñer a xunta xeral desta empresa pública a expulsión do presidente do Real Club Náutico (RCNS), Pedro Campos, pola construción dos peiraos fronte ás praias de Panadeira e Os Barcos. Nauta Sanxenxo é unha empresa de capital 100%...

Oskar Viéitez
Vista do Náutico de Sanxenxo

Nauta solicita ante o TSXG a paralización das obras dos peiraos do Real Club Náutico

30/01/2014
Sanxenxo

Nauta Sanxenxo anunciou este xoves ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contra a construción dunha instalación náutico-recreativa por parte do Real Club Náutico de Sanxenxo no Porto Deportivo Juan Carlos I, un equipamento de titularidade municipal xestionado pola empresa pública demandante. Ademais solicitaron ante o TSXG a...

PontevedraViva

Nauta Sanxenxo solicitará ao xulgado que paralice as obras dos peiraos do Náutico

27/01/2014
Sanxenxo

O Consello de Administración de Nauta Sanxenxo, a empresa municipal, que xestiona o Porto Deportivo Juan Carlos I reuniuse este luns de forma extraordinaria e urxente para tomar decisións relacionadas coa construción por parte do Real Club Náutico de Sanxenxo dunha instalación náutico-recreativa fronte ás praias de Panadeira e Os...

PontevedraViva

200 persoas apoian a protesta de S.O.S. Panadeira contra as obras do Náutico

26/01/2014
Sanxenxo

Numerosos veciños, a pesar da choiva, acudiron á convocatoria da plataforma SOS Panadeira para realizar unha manifestación en contra dos peiraos que o Club Náutico pretende construír no porto de Sanxenxo. Os asistentes trasladáronse dende a Praza Dos barcos ata a sede do Club Náutico, onde entoaron cánticos de protesta. A...

PontevedraViva
Protesta veciñal en Sanxenxo ante as obras do Náutico

Rexeitamento veciñal e do Concello ante a reanudación das obras do Náutico de Sanxenxo

21/01/2014
Sanxenxo

A reanudación das obras de ampliación dos amarres do Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo encontrou de novo a oposición dos veciños, a traves da Plataforma SOS Panadeira, e do Concello. Por unha parte, dende as 7:00 da mañá deste martes, integrantes da plataforma montaron garda para intentar obstaculizar os...

Diego Espiño

Retoman as obras do Náutico de Sanxenxo malia que están recorridas no xulgado

20/01/2014
Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo denuncia que o Real Club Náutico da localidade continuou a primeira hora deste luns as obras de construción dos peiraos de amarre do porto deportivo Juan Carlos I a pesar de que a actuación está recorrida polo Concello ante o xulgado e foi admitida a trámite....

PontevedraViva

Recurso xudicial do Concello de Sanxenxo contra a concesión dos novos peiraos no Náutico

20/12/2013
Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo presentará finalmente o próximo luns 23 de decembro, de xeito oficial, o recurso anunciado o pasado mes de outubro contra a concesión de Portos de Galicia para a construción dos novos peiraos do Real Club Náutico. Os servizos xurídicos municipais acudirán aos Xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago...

PontevedraViva

Sanxenxo recorrerá ante o xulgado contra a concesión dos peiraos do Náutico

11/10/2013
Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo presentará a próxima semana un recurso ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo contra a desestimación presunta do requirimento de anulación ou revogación das resolucións ditadas por Portos de Galicia, mediante as que deu o visto e prace á concesión ao Real Club Náutico de Sanxenxo de ocupación...

PontevedraViva

SOS Panadeira farase notar na etapa de La Vuelta con final en Sanxenxo

22/08/2013
Sanxenxo

A protesta do colectivo SOS Panadeira estará presente na etapa de La Vuelta ciclista a España con final en Sanxenxo, segundo anunciaron este xoves os seus voceiros. Dende SOS Panadeira están interesados en dar a coñecer o problema que xera o proxecto de ampliación do porto deportivo, polo que aproveitarán a...

Oskar Viéitez

Sanxenxo prepara un recurso contra todo o proxecto de ampliación do Porto Deportivo

07/06/2013
Sanxenxo

Os servizos xurídicos do Concello de Sanxenxo están preparando un recurso contra a totalidade do proxecto de construción de dous pantaláns por parte do Real Club Náutico de Sanxenxo. Así o confirmaron desde o Goberno local, á vez que comentaron que técnicos municipais acudiron a Portos de Galicia para examinar...

PontevedraViva

O Náutico de Sanxenxo renuncia ao pantalán situado fronte á praia da Panadeira

06/06/2013
Sanxenxo

O Real Club Náutico de Sanxenxo comunicou oficialmente a súa renuncia ao pantalán situado fronte á praia da Panadeira. Por decisión unánime da súa xunta directiva e de forma voluntaria, solicitou a Portos de Galicia suprimir o pantalán Norte, próximo á praia da Panadeira. Isto supón reducir as 124 prazas do...

PontevedraViva

O Náutico de Sanxenxo atende as suxestións do Concello e as eleva a Portos

24/05/2013
Sanxenxo

O Real Club Náutico de Sanxenxo informou ao Concello da proposta realizada a Portos de Galicia para modificar o seu proxecto de ampliación. Portos había decretado a paralización das obras porque os pilotes que se estaban colocando diante da praia de Panadeira estaban demasiado preto do arenal, segundo denunciou o Concello...

Oskar Viéitez