O Náutico de Sanxenxo atende as suxestións do Concello e as eleva a Portos

Sanxenxo
24 de maio 2013

O Real Club Náutico de Sanxenxo informou ao Concello da proposta realizada a Portos de Galicia para modificar o seu proxecto de ampliación. Portos había decretado a paralización das obras porque os pilotes que se estaban colocando diante da praia de Panadeira estaban demasiado preto do arenal, segundo denunciou o Concello de Sanxenxo e a plataforma S.O.S. Panadeira

O Real Club Náutico de Sanxenxo informou ao Concello da proposta realizada a Portos de Galicia para modificar o seu proxecto de ampliación.

Portos había decretado a paralización das obras porque os pilotes que se estaban colocando diante da praia de Panadeira estaban demasiado preto do arenal, segundo denunciou o Concello de Sanxenxo e a plataforma S.O.S. Panadeira.

Argumentan que a súa ubicación impide balizar as zonas de baño e que, ademais, os futuros pantalanes supoñen unha ameaza para a rexeneración desta praia e da dos Barcos.

O obxecto fundamental deste proxecto, que comezou a xestionar o porto deportivo de Sanxenxo e a Confraría de Mariñeiros Santa Rosalía hai máis de 10 anos, é a sustitución de boias e fondeos que o club levaba xestionando 50 anos por unha instalación de pantalanes, que inclúe tamén a prolongación do pantalán pesqueiro para situar os barcos dos mariñeiros xubilados que estaban nos fondeos. Este pantalán xa foi instalado.

  • Os últimos cambios propostos radican principalmente na redución dunhas 30 prazas de amarre sobre o proxecto constructivo, con principal incidencia no pantalán Norte, no que se reducen de 27 a 11 os barcos máis próximos á praia.
  • Acúrtase a pasarela fixa de entrada, iniciándose antes a baixada ao pantalán flotante, o que tamén facilitará o acceso de persoas discapacitadas.
  • Amplíase a zona protexida para o baño fronte á Panadeira na zona Este, quedándose prácticamente igual na zona Oeste.
  • Recórtase o extremo Noroeste do pantalán co obxecto de ampliar a canle de paso á praia dos Barcos.
  • Amplíase a canle de acceso no extremo Leste en fronte á praia da Panadeira, eliminando nesa zona varias prazas de amarre.

 

Segundo os portavoces do Real Club Náutico, independientemente dos cambios anteriormente mencionados sobre o proxecto aprobado, a sustitución dos fondeos por pantalanes ten as seguintes vantaxes:

  • Redúcese a superficie de case 13.000 m2 de lámina de auga que ocupaban os fondeos, a tan só 6.000 m2 que ocuparán os novos pantalanes.
  • Redúcese o impacto sobre o fondo mariño, de aproximadamente 200 mortos, cos seus correspondentes aparellos, a só 29 pilotes.
  • Se ampla de seis a 18 metros a canle de acceso aos pantalanes Norte de Nauta, ao porto pesquero e ao pantalán de servizo, mellorándose así a seguridade e manobra de todas as embarcacións.
  • Xerarase riqueza para o sector público a través de Portos de Galicia, que obterá unha rendibilidade por unha lámina de auga que ata agora non xera ningunha, ademais de solucionar definitivamente a situación irregular dos fondeos.
  • Desconxestionarase o pantalán de servizo, o que mellorará a oferta turística do aluguer de barcos.