Retiran a demanda un día antes do xuízo contra tres integrantes de SOS Panadeira

Sanxenxo
06 de maio 2014

O avogado do Real Club Náutico de Sanxenxo comunicou este martes a retirada da denuncia formulada por uns dos seus operarios contra tres integrantes da Plataforma SOS Panadeira. O xuízo estaba previsto para o mércores no Xulgado de Cambados despois de ser aprazado nunha ocasión anterior

Agresión sufrida por un dos integrantes de SOS Panadeira
Agresión sufrida por un dos integrantes de SOS Panadeira / María Barreiro

O avogado do Real Club Náutico de Sanxenxo comunicou este martes a retirada da denuncia formulada por uns dos seus operarios contra tres integrantes da Plataforma SOS Panadeira. O xuízo estaba previsto para o mércores no Xulgado de Cambados despois de ser aprazado nunha ocasión anterior.

A denuncia presentárase o pasado mes de xaneiro por un altercado durante a reanudación das obras do novo peirao.

Ao coñecer a noticia dende a plataforma cidadá reiteraron que a denuncia non tiña sentido "xa que nós eramos os agredidos" e apuntaron que "só pretendían meternos medo, pero nós somos pouco asustadizos porque a razón non ten medo".