SOS Panadeira esixe ao Partido Popular a destitución de Jose Juan Durán como presidente de Portos de Galicia

Sanxenxo
25 de febreiro 2015

Confían en que o grupo parlamentario do PP siga apoiando as súas demandas "posto que a Alcaldesa Catalina González e o que parece postulante ao posto, Telmo Martín, xa comprometeron a súa firma cos fins de SOS Panadeira", explicaron

Pantaláns fronte a praia da Panadeira
Pantaláns fronte a praia da Panadeira / SOS Panadeira

Membros do colectivo SOS Panadeira viaxaron este martes a Santiago para reunirse co grupo parlamentario do PP, sendo recibidos polos deputados José Manuel Balseiros e Rosa Oubiña.

Segundo informaron os representantes desta Plataforma a reunión transcorreu "polos rumbos habituais que marca a urbanidade en canto a recibimento, acompañamento e saúdos".

Estas mesmas fontes confían en que este grupo parlamentario do PP siga apoiando as súas demandas "posto que a Alcaldesa Catalina González e o que parece postulante ao posto, Telmo Martín, xa comprometeron a súa firma cos fins de SOS Panadeira", explicaron.

O propósito da cita "era tan só facer ver que coherentemente e sobre todo eticamente só existe unha posibilidade viable e esta é: o cesamento inmediato de Jose Juan Durán, Presidente de Portos de Galicia,".

Segundo SOS Panadeira el Gobierno que o nomeou "sabe que a xestión en canto á obra 'flagrantemente ilegal' foi nefasta polo que non cabe máis que o seu cesamento para non caer en evidente incoherencia". Cuestión na que discrepan os parlamentarios populares.

Inmediatamente despois da reunión co PP, os membros de SOS Panadeira acudiron á sede de Portos de Galicia sita en Area Central para pedir unha cita co Jose Juan Durán.