O altercado entre SOS Panadeira e o Náutico queda nun xuízo de faltas

Sanxenxo
28 de abril 2014

Despois de cinco horas escoitando as partes, o xuíz decidiu sobreser as denuncias por coaccións e tan só tivéronse en conta as faltas, segundo informaron fontes de SOS Panadeira "por lo que probablemente el juez nos imponga una multa a cada una de las partes", afirmaron

Os manifestantes formaron a palabra SOS na praia da Panadeira
Os manifestantes formaron a palabra SOS na praia da Panadeira

O Xulgado de Cambados celebrou este luns a vista polos sucesos acontecidos o pasado 5 de febreiro na sede do Real Club Náutico de Sanxenxo.

Os integrantes da Plataforma SOS Panadeira e os representantes do Náutico acusábanse mutuamente dun altercado.

Ante o xuíz compareceron ata quince membros da plataforma e tres empregados do club deportivo. Despois de cinco horas escoitando as partes, o xuíz decidiu sobreser as denuncias por coaccións e tan só se tiveron en conta as faltas, segundo informaron fontes de SOS Panadeira "por lo que probablemente el juez nos imponga una multa a cada una de las partes", afirmaron.

O Club Náutico de Sanxenxo e SOS Panadeira aínda teñen pendente un segundo litixio que os enfrontarán de novo nos tribunais.