23 empresas optan a facer o saneamento pendente en Mourente e Bora

Pontevedra
29 de abril 2016

Un total de 23 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de saneamento pendentes nas parroquias de Mourente e Bora, que ten un orzamento de 987.982,53 euros e un prazo de execución de nove meses

Obras de saneamiento
Obras de saneamiento /

Un total de 23 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de saneamento pendentes nas parroquias de Mourente e Bora, que ten un orzamento de 987.982,53 euros e un prazo de execución de nove meses.

Así se desvelou tras a xuntanza da mesa de contratación deste proxecto que recolle as obras necesarias para conducir as augas vertidas nos lugares de O Pazo, Carabelos, Eirós na parroquia de Mourente, e Leirados en Bora, ás súas conexións coa rede existente ata facelas chegar á planta depuradora situada en Praceres.

Son 5.000 metros lineais de tubaxes, aos que se sumará unha rede de recollida de augas pluviais de 852 metros lineais, tamén na estrada de Ourense. Serán tubos de 400 milímetros cos seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros.

Trátase de instalar arredor de cinco quilómetros de tubaxes seguindo a estrada de Ourense N-541 entre os quilómetros 88, 89 e 90, para dar servizo a unhas 160 vivendas.

Nesta licitación inclúense como melloras a instalación da rede de abastecemento neste ámbito e completar o saneamento ata o núcleo de Leirados, na parroquia de Bora.

Con este proxecto, a parroquia de Mourente tería practicamente completo o seu sistema de saneamento.