25 empresas se presentaron ao concurso para construir a ronda leste de Pontevedra

Pontevedra
02 de xullo 2015

Unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas para construir a Ronda Leste de Pontevedra, un total de 25 empresas concurriron ao concurso cuio prazo rematou esta semana

Obras de desdobramento da Avenida de Vigo
Obras de desdobramento da Avenida de Vigo

Unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas para construir a Ronda Leste de Pontevedra, un total de 25 empresas concurriron ao concurso cuio prazo rematou esta semana.

Entre as 25 empresas presentadas figuran as máis relevantes e importantes do sector como Acciona, Dragados, Covsa, Taboada y Ramos, etc. etc.. Este venres, 3 de xullo, abriráse o sobre B, relativo á documentación técnica e a previsión da Deputación de Pontevedra é adxudicar a obra na seguinte semana.

A construcción da Ronda Leste de Pontevedra tén un orzamento de 1,8 millóns de euros e un prazo de execución de 9 meses.  A obra afecta ao tramo comprendido dende a estrada PO-542 (Ponte Bora-O Pino) á estrada PO-532 (Pontevedra-Ponte Caldelas) e acceso ao Hospital de Montecelo e a Cidade Infantil Príncipe Felipe.

Os traballos previstos afectan a 33.473 metros cadrados de fincas de 63 propietarios. En virtude do convenio no seu dia asinado entre a Deputación e o Concello, as expropiacións correrán a cargo deste último.

O novo vial terá dous carrís de 3,5 metros, arcéns de 1 metro e unha senda peatonal de 4 metros. Ao longo de 1 kilómetro, construiránse 3 glorietas.