28 locais e 44 petiscos participan nunha nova edición de Sanxenxo Degusta Tapas

Sanxenxo
15 de maio 2025

A presentación da edición número catorce deste concurso gastronómico tuvo lugar este xoves na Casa Mariñeira de Don Fernando

Presentación del XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas
Presentación del XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas / Concello de Sanxenxo

Durante as próximas semanas Sanxenxo será o epicentro do tapeo.

Apenas unha semana despois da celebración do Portonovo Gastronómico chega o décimo cuarto concurso Sanxenxo Degusta Tapas.

A Casa Mariñeira de Don Fernando acolleu este xoves a presentación desta proposta que contará este ano con récord de participación con 28 establecementos participantes e un total de 44 tapas, 20 tradicionais e 24 creativas.

Os restaurantes que participarán nesta edición serán A Codia, Arrocería Boca do Río, Asador Rosendo, Cervecería El Aviador, Chiringuito Prado Bello, Gastro Bar La Cueva, La Mar Brava, A Fonte Vella, Asador Aserradero, Cervecería Azor ou Cervecería El Puerto.

Esencia Nosa by Salgadoiro, Hotel Riveiro, Mar do Pintor, Marlima II, O Forno, O Risonsiño, Pepa A Loba, Restaurante El Pescador, Restaurante Xerfa, Restaurante Lilaina, O Buraco, O Laberinto, O Vasko, Restaurante Fidel, Restaurante Ollares da Ría, Taberna A Batea e Terra do Mar completan a oferta.

Presentación del XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas
Presentación del XIV Concurso Sanxenxo Degusta Tapas   Concello de Sanxenxo

Acompañado dunha representación dos locais, o concelleiro de Turismo, Juan Deza, destacou que o Concello da man da hostalería busca poñer en valor o "a calidade da nosa gastronomía, do noso produto e dos nosos cociñeiros e cociñeiras".

Desde este venres, 16 de maio e até o 1 de xuño poderanse degustar tapas por un prezo de 4 euros a unidade en cada local participante.

Os clientes disporán dun Degusta Mapa coa localización de todos os establecementos, que serán valorados polo público, encargado de elixir a mellor tapa creativa e a mellor tapa tradicional.

Tan só aquelas persoas que proben tapas en polo menos cinco locais poderán votar a mellor tapa, que recibirá un diploma acreditativo.

Os clientes participarán en sorteos de distintos agasallos, como estancias hoteis, visitas a adegas ou ceas.