28M | Máis de 2.500 axentes garantirán a seguridade nas eleccións do 28M na provincia

Pontevedra
25 de maio 2023

Esta cifra supón o maior dispositivo de seguridade establecido nunhas eleccións, con case un 12 % máis de efectivos mobilizados na provincia que nas eleccións locais de 2019

Reunión de coordinación do dispositivo de seguridade para a xornada electoral do 28 de maio
Reunión de coordinación do dispositivo de seguridade para a xornada electoral do 28 de maio / Subdelegación do Goberno

As próximas eleccións do 28 de maio contarán cun dos maiores dispositivo de seguridade da historia para uns comicios. 

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, informou de que un total de 2.573 efectivos traballarán para garantir a seguridade cidadá e o exercicio dos dereitos e liberdades durante o día de votación, o que supón case un 12 % máis que nas anteriores eleccións locais e ao Parlamento Europeo que se celebraron en maio de 2019.

Na provincia de Pontevedra, a Policía Nacional despregará un total de 926 axentes, mentres que na Garda Civil serán 1.178. Pola súa banda, a Unidade de Policía Adscrita sumará 47 efectivos e, por último, os axentes dos distintos corpos de policía municipais serán 432.

O dispositivo coordinouse nunha reunión presidida pola subdelegada do Goberno na que tamén participou o comisario do Corpo Nacional de Policía de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez, e o tenente coronel da Garda Civil, Manuel Touceda.

A subdelegada resaltou que "o dispositivo que fai posible as eleccións municipais é amplo e implica a moita xente, tanto funcionarios, como forzas de seguridade". Por todo iso, trasladou o seu agradecemento á todas as persoas "que fan posible que as eleccións discorran con normalidade".

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora