29 proyectos de apoio á Educación e a Cultura e 43 que combaten a exclusión social, reciben as axudas do Plan Social de Ence

Pontevedra
22 de agosto 2023

Ence celebrou os actos de entrega das axudas aos proxectos de apoio á Educación e a Cultura e dos que de loita contra a exclusión social que resultaron seleccionados na convocatoria de Plan Social da compañía en Pontevedra

Representantes das entidades de loita contra a exclusión que recibirán axudas do Plan Social de Ence
Representantes das entidades de loita contra a exclusión que recibirán axudas do Plan Social de Ence / ENCE

Ence celebrou os actos de entrega das axudas aos proxectos de apoio á Educación e a Cultura e dos que de loita contra a exclusión social que resultaron seleccionados na convocatoria de Plan Social da compañía en Pontevedra. 

Para a análise e selección de todos os proxectos entregados, Ence contou cunha consultora externa, que levou a cabo unha completa e detallada labor de valoración de todos os proxectos.

Representantes dos 29 proxectos adxudicatarios no eido da Educación e da Cultura acudiron ás instalacións de Lourizán, onde tivo lugar o acto de firma do convenio para a adxudicación das axudas, que permitirá a inmediata posta en marcha dos proxectos.

Entre as entidades beneficiarias dos Concellos de Pontevedra, Poio e Marín, están a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra, a Asociación de Bailaríns Ballet de Marín e a Sociedade de Ciencias de Galicia, a Agrupación Folclórica Airiños de San Xulián, o Centro Cultural Ateneo Corredoira e a Asociación TREGHA, entre outras.

Estes proxectos abarcan desde entidades que traballan por manter a cultura tradicional galega, a iniciativas que fomentan a educación ambiental dos máis pequenos, como é o caso do “Horto Escolar” do Colexio Sagrado Corazón de Jesús.

LOITA CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL

Tamén recibirán axudas do Plan Social 43 proxectos de loita contra a exclusión social, para contribuir a mellorar as condicións de vida da veciñanza, con especial foco naqueles que se atopan en situacións de maior vulnerabilidade.

Estes 43 proxectos seleccionados abarcan desde entidades que traballan para mellorar a calidade de vida de persoas afectadas por algunha enfermidade e os seus coidados a iniciativas que fomentan a integración social de afectados polo alcolismo e a drogadicción, pasando polo apoio a bancos de alimentos e asociacións de atención aos máis necesitados.

A Asociación Xoán XXIII, Persoas Xordas de Pontevedra, e a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Marín, a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer, Fundación Provincial Banco de Alimentos, ou a Asociación Déficit Atención Hiperactividade Pontevedra, son algunhas das entidades cuxos proxectos resultaron beneficiarios.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora