35 fotógrafos participan no primeiro maratón 'Imaxes de Primavera' na contorna do Lérez

Pontevedra
21 de marzo 2015

Trátase dunha iniciativa que pretende poñer en valor espazos como o Pazo da Cultua, a Illa das Esculturas ou o río Lérez. Os traballos presentados serán valorados por un xurado profesional

Participantes no primeiro maratón fotográfico 'Imaxes de Primavera'
Participantes no primeiro maratón fotográfico 'Imaxes de Primavera' / Elefantes de Cacharrería

Cámara en man e co sol primaveral como mellor testemuña, 35 fotógrafos, entre profesionais e afeccionados, protagonizaron durante toda a xornada do sábado o primeiro maratón fotográfico 'Imaxes de Primavera'.

A iniciativa parte co obxectivo de poñer en valor espazos da cidade e do ámbito do Lérez.

Ás 11:00 horas os participantes iniciaron o seu percorrido, buscando as mellores instantáneas que mellor captasen a esencia das tres categorías: Pazo da Cultura, Illa das Esculturas e o río Lérez.

Todo o material presentado polos participantes será valorado por un xurado profesional formado por expertos en fotografía, arte, arquitectura ou xornalismo.

Este xurado determinará os gañadores dos premios a mellor fotografía e mellor imaxe por categoría, valorándose criterios como a calidade ou a orixinalidade. Ademais o premio do público elixirase a través do Facebook.

Para completar as actividades do maratón compoñerase unha exposición coas fotografías dos participantes.