55 decoracións competirán por gañar os premios do II Concurso de Decoración de Nadal

Marín
15 de decembro 2021

O 20 de decembro publicaranse os gañadores das tres categorías na web municipal e nas redes sociais do Concello de Marín

Pezas de decoración do Nadal de Marín
Pezas de decoración do Nadal de Marín / Concello de Marín

O espírito do Nadal está moi presente na vila non só pola decoración e o alumeado do Concello de Marín, senón grazas a todas as persoas e establecementos que participaron no II Concurso de Decoración de Nadal, que xa ten pechada a súa inscrición.

Segundo informa o Concello, este ano presentáronse 21 vivendas unifamiliares, 14 comunidades de veciños, 16 comercios e 4 locais de hostalaría.

O xurado visitará agora cada unha das decoracións participantes, para coñecer a súa orixinalidade e para así poder deliberar a súa decisión. Os premiados daranse a coñecer na páxina web do Concello e nos perfís de redes sociais o 20 de decembro.

O xurado está composto polos concelleiros Manuel Domingos, Itziar Álvarez, Cristina Acuña, Marián Sanmartín e Elisa Dopazo; un funcionario municipal e Mara Fariña e Cristina Barreiro, en representación da veciñanza de Marín. 

En todas as categorías, haberá un primeiro premio de 300 euros e un segundo de 200 euros. Ademais, farase un sorteo entre todos os participantes (a excepción dos gañadores) por valor de 100 euros.