O espírito internacional segue gañando forza na Universidade de Vigo, que continúa apostando con firmeza por abrir as súas portas ao mundo.
Desde a atracción de talento docente e investigador até a participación en proxectos de I+D e programas de mobilidade, a universidade reafirma o seu compromiso global curso tras curso.
E iso nótase nos corredores: estes días, máis de 300 mozos de diferentes recunchos do planeta —tanto da Unión Europea como de fóra de ela— están a chegar ás aulas do tres campus.
En Pontevedra, en concreto, son 57 os estudantes internacionais que decidiron iniciar aquí a súa experiencia de intercambio, o que converte este arranque de curso no máis internacional desde antes da pandemia.
Deses 57, 49 quedarán durante o primeiro cuadrimestre, mentres que outros 8 optaron por gozar do curso completo.
Todos eles proceden de 16 países distintos, achegando unha riqueza cultural que xa se fai notar nas facultades e escolas do campus.
Unha vez máis, a Facultade de Comunicación sitúase como o centro máis atractivo para o alumnado estranxeiro, acollendo este ano a 21 estudantes. México lidera o ranking con 12 estudantes, seguido de cerca por Francia.
