726.000 euros para prolongar a vida útil das vías urbanas

Pontevedra
27 de xullo 2015

A Xunta de Goberno del Concello de Pontevedra aprobou este luns a contratación dunha serie de traballos de conservación e mantemento de vías do rural pontevedrés por un importe de 726.000 euros

Fochanca nun vial PontevedraViva

 A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns a contratación dunha serie de traballos de conservación e mantemento de vías do rural pontevedrés por un importe de 726.000 euros.

O voceiro do executivo local, Raimundo González, informou que é unha adxudicación para os próximos catro anos.

"Serán obras maioritariamente urbanas pero tamén hai no rural", explicou González Carballo, e permitirán "prolongar a vida útil das vías públicas".

Os viais necesitan unha atención permanente e sistemática, ademais do seu uso permanente a climatoloxía provoca constantes deterioracións polo que se fai preciso acometer pequenas actuacións que, en si mesmas non teñen a entidade suficiente para abordalas como proxectos concretos.

Trátase de reparacións de arquetas, muros, acumulacións de augas pluviais, fochas ou pavimento en mal estado.