O Concello de Barro puxo en marcha unha nova edición do "Espazo Concilia", unha actividade de lecer e educativa que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto e coa que o Goberno municipal quere axudar a conciliar a vida laboral e familiar das nais e pais que traballan.
Esta edición, igual que a do ano anterior, estará marcada polas medidas sanitarias para evitar posibles contaxios e conta cun marcado protocolo de actuación que se basea fundamentalmente na creación de pequenos grupos burbulla separados por idades.
Durante o mes de xullo será un total de 80 nenos as que se darán cita todas as mañás nas intalacións do Pazo da Crega, mentres que no mes de agosto será un total de 50.
O elevado número de solicitudes e a ampliación do aforo por parte da Xunta de Galicia posibilitou que desde o concello se fixese unha ampliación para admitir todas as solicitudes presentadas, co fin de axudar ás familias de Barro.
Para o "Espazo Concilia" o Concello de Barro conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero 2021.