80 niños de avespas asiáticas, eliminados en Cambados nos últimos cinco meses

O Salnés
21 de xaneiro 2017

A coñecida como vespa velutina continúa a causar preocupación pola súa presenza en distintos puntos da provincia. Este sábado, Protección Civil de Cambados tivo que neutralizar un niño en Corbillón

Intervención de Protección Civil de Cambados ante un niño de avespas asiáticas
Intervención de Protección Civil de Cambados ante un niño de avespas asiáticas

Os integrantes de Protección Civil de Cambados levan neutralizados 80 niños de avespa asiática desde o 9 de setembro, cando lles dotaron de traxes para facer fronte a esta especie, ata este sábado no que tiveron que intervir na parroquia de Corbillón para eliminar outro avespeiro. 

A Consellería do Medio Rural indica que a mediados deste mes de xaneiro nos concellos da área de Pontevedra ten detectada a presenza de entre 6 e 25 niños no municipio de Vilaboa, entre 2 e 5 en Marín e un niño en Portas. 

Desde a Xunta desenvólvese un programa de vixilancia e control da denominada vespa velutina e piden a colaboración da cidadanía para alertar ante a aparición dalgún insecto ou de niños desta especie.

Esta avespa é un insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e diminuíndo o importante papel polinizador que desenvolven as abellas.

Arquivado en