Stop Vespa Velutina

Intervención dos Bombeiros ante a presenza de avespas velutinas na Avenida da Estación

Os bombeiros interveñen ante a presenza de velutinas na Avenida da Estación

01/06/2022
Pontevedra

Axentes da Policía Local e un equipo do Parque de Bombeiros de Pontevedra trasladábase nas últimas horas da tarde deste mércores 1 de xuño ata a Avenida da Estación, a rúa paralela á Avenida de Vigo, porque a veciñanza alertaba da presenza dun niño de velutinas. Foi necesaria a utilización da...

PontevedraViva
Xuntanza de apicultores en Bueu

Repartimento de 200 trampas no inicio da campaña contra as velutinas

01/03/2022
Bueu

A Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Bueu volven unir esforzos, como nos últimos anos, no seu afán de loitar contra a expansión da avespa velutina. O colectivo de apicultores alerta da necesidade de comezar a instalar trampas para previr a proliferación de niños ao longo dos próximos meses.  Desta...

PontevedraViva
Empezan a ser visibles danos pola vespa asiática

Os danos da velutina empezan a ser visibles nos acios de albariño

15/08/2021
O Salnés

A Estación Fitopatológica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar o seu último boletín fitosanitario no que fai unha actualización do estado sanitario das viñas na provincia e ofrece unha serie de recomendacións.  Xa empezaron a observar danos nos grans dalgunhas zonas debido á avespa asiática, ademais...

PontevedraViva
Niño de avespa velutina retirado en Cuntis

Retiran nun só día 14 niños de avespa velutina en Cuntis

21/07/2021
Umia

Os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cuntis retiraron este martes 20 de xullo un total de 14 niños de avespa velutina nunha soa xornada.  O dato constata unha intensa actividade relacionada coa avespa velutina no término municipal de Cuntis, onde a agrupación de Protección Civil recibe...

PontevedraViva
Zona do Camiño Portugués a Santiago no Castrado onde hai presenza de velutinas

Alertan en Cerponzóns da colonización do Castrado por niños de velutinas

21/06/2021
Pontevedra

A asociación de veciños O Chedeiro da parroquia de Cerponzóns volve chamar a atención ao recibir avisos de residentes no lugar do Castrado que comprobaron a presenza de niños de avespas velutinas que están a colonizar, un verán máis, a zona. Desde esta asociación sinalan que as altas temperaturas favoreceron esta...

PontevedraViva
Campaña de Depolgal para colocar trampas contra as velutinas

A trampear, que é tempo de frear a creación dos niños de velutinas

27/04/2021
Marín

A asociación Depolgal e o Concello de Marín decidiron iniciar unha campaña contra a praga das avespas velutinas. A asociación alerta da necesidade de actuar de maneira colectiva, especialmente desde o punto de vista da prevención, coa instalación de trampas de formato caseiro que permitan eliminar ás raíñas e evitar...

PontevedraViva
Vespa velutina asiática

Poio renova o convenio para o control da vespa velutina

13/04/2021
Poio

O Concello de Poio vén de renovar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), así como coa Xunta de Galicia, o convenio para o garantir a vixía e control da vespa velutina. Esta especie invasora leva asentada en Galicia desde hai máis dun lustro e, ademais de resultar moi prexudicial...

PontevedraViva
Esteban Jamardo, presidente da Asociación Stop Velutina Umia, explica como elaborar trampas contra as raíñas da velutina

VÍDEO.- É o momento de facer trampas para capturar raíñas da avespa velutina

13/04/2021
Barro

Abril converteuse nun mes fundamental para a loita contra a expansión da avespa velutina. É o momento idóneo para capturar ás raíñas desta especie alóctona. Esteban Jamardo, presidente da Asociación Stop Velutina Umia, explica nun vídeo publicado polo Concello de Barro que cada unha das raíñas que se capture nesta...

Anxo Lourido
Alfonso Rueda con traballadores da empresa Seaga

A empresa SEAGA seguirá encargándose da retirada de niños de vespa velutina

17/03/2021
Pontevedra

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xusticia e Turismo, Alfonso Rueda avanzou, que tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia na edición deste mércores, renovase a encomenda con Seaga para este ano do programa galego de vixilancia e control fronte á vespa velutina, ao que...

PontevedraViva
Niño de velutinas no Castrado, Cerponzóns

Chamada de auxilio no lugar do Castrado en Cerponzóns ante a presenza de catro niños de velutinas

31/10/2020
Pontevedra

Miles de avespas velutinas sobrevoan o lugar do Castrado, na parroquia pontevedresa de Cerponzóns. Alí, nas proximidades do río instaláronse estes perigosos insectos creando catro niños en ramas do arboledo situado a quince metros das vivendas. A situación está a provocar nerviosismo entre a veciñanza, formado principalmente por persoas de idade...

Anxo Lourido
Trampa con avespas velutinas

Retiran nun mes un cento de niños de avespas velutinas en Ponte Caldelas

14/08/2020
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas  indica que desde que unha empresa especializada comezou en xullo a encargarse do servizo de retirada de niños de avespas velutinas se realizaron case un centenar de actuacións para atender as demandas veciñais #ante a presenza destes insectos. Segundo sinalan desde o goberno local, as casuísticas...

PontevedraViva
Niño de velutinas nunha vivenda de Mogor

Unha familia de Mogor leva un mes cun niño de velutinas no exterior da súa vivienda

07/08/2020
Marín

Unha familia que reside no Cruceiro do Vento, en Mogor, no municipio de Marín, leva un mes preocupada pola presenza dun niño de avespas velutinas no exterior da súa vivenda. Esta familia chamou numerosas veces ao teléfono 012 habilitado pola Xunta de Galicia para dar aviso da presenza destes insectos para...

PontevedraViva
Un matrimonio de Raxó foi atacado por velutinas

Falece un veciño de Poio de 73 anos por picaduras de velutina

24/05/2020
Poio

Un home de 73 anos faleceu este domingo tras sufrir as picaduras de avespas velutinas. A súa muller tamén foi atacada polas avespas pero está fóra de perigo. Segundo informou a Policía Local de Poio, o suceso tivo lugar ás dez e media desta mañá na Rúa dá  Serpe, en Raxó. O matrimonio...

Oskar Viéitez
Rueda visita as instalacións do Seaga en Salcedo

VÍDEO.- A Xunta reforza os equipos de loita contra a avespa asiática con máis persoal

13/05/2020
Pontevedra

A loita contra o coronavirus absorbe toda a atención, pero as administracións non apartan a vista doutros problemas como a expansión da avespa asiática. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este martes as instalacións de Seaga onde anunciou que a próxima semana reforzarase o equipo encargado da retirada de...

PontevedraViva
Unha persoa facendo unha chamada

Estas son as preguntas máis frecuentes recollidas no 012

03/04/2020
Pontevedra

A través do teléfono 012, o servizo de atención e información á cidadanía, se están recollendo dúbidas da poboación respecto ás restricións vixentes pola epidemia do coronavirus COVID-19. Estas son algunhas das preguntas máis frecuentes recollidas no 012 coas respostas. Que protocolo deben seguir as empresas ao detectar un caso positivo de coronavirus? Deben seguir...

PontevedraViva
Xuntanza de Iván Puentes coas brigadas municipais antivelutina

Os voluntarios eliminaron uns 200 niños de velutina en Pontevedra durante o 2019

04/02/2020
Pontevedra

O grupo de voluntarios das brigadas municipais antivelutina retirou uns 200 niños desta voraz especie invasora en diferentes puntos das parroquias de Pontevedra durante a campaña de 2019. Trátase dunha cifra moi inferior á do ano 2018, no que foron eliminados 471 niños, e que en opinión do concelleiro de...

Oskar Viéitez
Oskar Viéitez
Niños de velutina retirados en Poio

Protección Civil retirou 266 niños de velutina en Poio durante 2019

24/01/2020
Poio

A loita contra a velutina intensificouse durante o último ano en Poio. Os voluntarios de Protección Civil retiraron ata 266 niños, un 25% máis que os eliminados en 2018. A maioría destes focos, segundo o Concello, estaban espallados polo rural do municipio. O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Luís Martínez, explica...

PontevedraViva
Retirada dun niño de velutina de grandes dimensións no interior dunha vivenda en Cuntis

VÍDEO.- Retiran do interior dunha casa de Cuntis un niño de velutinas de gran tamaño

16/10/2019
Umia

A auténtica invasión que protagonizou a vespa velutina ou avespa asiática en Galicia en xeral e na provincia de Pontevedra en particular segue ofrecendo imaxes que chaman poderosamente a atención. A última delas viviuse en Cuntis, no lugar de Calvos, onde o Grupo Municipal de Emerxencias retirou do interior dunha casa un...

PontevedraViva
Reunión dos representantes de Depolgal e Marián Sanmartín, concelleira de Medio Ambiente de Marín

Marín necesita voluntarios para retirar niños de velutinas

25/09/2019
Marín

Varios representantes da Asociación Defensora dos Polinizadores de Galicia, Depolgal, e a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, reuníronse este mércores para abordar os problemas e necesidades que existen ao redor da presenza da avespa velutina na comunidade. Actualmente, o colectivo conta con catro grupos de intervención directa na retirada dos...

PontevedraViva
Retirada dun niño de velutina

Emerxencias Sanxenxo elimina no que vai de ano 229 niños de velutina

16/09/2019
Sanxenxo

O servizo de Emerxencias de Sanxenxo eliminou un total de 229 niños de velutina no que vai de ano. Do total de niños retirados 46 atopábanse na parroquia de Adina, e 41 en Vilalonga e 40 en Dorrón. O resto de parroquias tiveron unha menor cantidade de niños. O mes de maior...

PontevedraViva
O edil Iván Puentes cos voluntarios da "brigada antivelutina"

Máis de 150 niños de velutina foron retirados en Pontevedra dende xuño

08/08/2019
Pontevedra

Os equipo de 30 voluntarios cos que conta o Concello de Pontevedra para atallar as pragas de vespa de velutina nas parroquias do rural retiraron uns 150 niños dende principios do mes de xuño, unha cifra moi semellante á da rexistrada na campaña estival do ano pasado por estas mesmas...

PontevedraViva
Os membros da VelutiPoli

Barro premia con diploma e camiseta aos participantes na VelutiPoli

11/06/2019
Barro

Os membros da VelutiPoli, formada polo alumnado de sexto de Primaria do CEIP Amor Ruibal, foron recibidos este martes no Concello de Barro polo alcalde e tenente alcalde, onde foron agasallados cunha camiseta e un diploma, polo seu compromiso con esta iniciativa de defensa do Medio Ambiente. O grupo de voluntarios...

PontevedraViva
Trampa para vespa asiática

Moraña entrega aos veciños trampas para a vespa velutina

20/05/2019
Umia

O Concello de Moraña acaba de emprender unha campaña de loita e erradicación da vespa velutina que está centrada, máis alá da retirada directa dos niños, na entrega gratuíta de trampas aos veciños interesados. Aqueles cidadáns que queiran instalar algún destes sistemas de captura en zonas onde se asente esta...

PontevedraViva
Alumnado de sexto de primaria do colexio Amor Ruibal de Barro

A VelutiPoli será a nova policía das velutinas en Barro

30/03/2019
Barro

O alumnado de sexto de primaria do colexio Amor Ruibal de Barro, o grupo Stop Velutina Barro bautizaron co nome de "VelutiPoli" á nova policía das velutinas formada pola rapazada que se adican a poñer trampas e localizar nidos desta vespa asiática. O tenente de alcalde e coordinador do grupo Stop...

PontevedraViva
Obradoiro sobre a vespa asiática

Animan á rapazada de Barro a ser "policía medioambiental" na loita contra a velutina

13/03/2019
Barro

Os voluntarios do grupo Stop Velutina Barro tentan concienciar á poboación máis nova sobre a importancia de erradicar á vespa asiática. Por tal motivo iniciaron nos centros educativos unha serie de charlas con parte teórica e práctica. A primeira delas tivo lugar no IES de Barro. Os voluntarios, Manolo Outón, Elena...

PontevedraViva
Avespas velutinas

En Poio detectan un incremento da presenza da velutina

22/02/2019
Poio

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Poio ten detectado que a presenza de exemplares de vespa velutina nos primeiros meses deste ano está sendo superior que nas mesmas datas do 2018. Dende o Concello advirten que ésta será a tendencia neste ano polo que anima á veciñanza a "colaborar...

PontevedraViva
Actuacións do Concello de Marín contra a avespa velutina

Retiran un niño de velutina de grandes dimensións no recinto do colexio A Laxe

17/09/2018
Marín

A asociación de voluntarios Depolgal de Marín retirou a pasada semana un niño de avespa velutina de grandes dimensións localizado nun ciprés nas instalacións do centro educativo da Laxe.  Segundo informou o Concello, o conserxe do centro alertou da situación o pasado venres e dous voluntarios de Depolgal actuaron á noitiña para...

PontevedraViva
Vendima na Denominación de orixe Rías Baixas

Aconsellan tomar precaucións para evitar picaduras de avespa velutina durante a vendima

07/09/2018
Pontevedra

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) incorporou no seu último aviso unha nova advertencia fronte aos danos ocasionados pola avespa asiática ou velutina. O persoal técnico deste centro dependente da Deputación de Pontevedra sinalou que os viticultores detectaron picaduras destas avespas nos acios da variedade de uva Treixadura, polo que aconsellan...

PontevedraViva
Entrega do dron que servirá para localizar niños de velutina en Marín

Un dron para loitar contra a avespa velutina en Marín

04/09/2018
Marín

No que vai de 2018 o grupo de voluntarios da Asociación Depogal recibiu 267 avisos relacionados coa avespa velutina en Marín. No inverno tomáronse medidas preventivas como a campaña de trampeo e as charlas de concienciación, e na primavera empezáronse a recibir os avisos dos niños primarios, máis próximos ás vivendas...

PontevedraViva
Adrián Ferrer, concelleiro de Medio Ambiente de Bueu

Bueu considera "nefasta" a xestión da Xunta na retirada de niños de velutina

02/08/2018
Bueu

O Concello de Bueu alertou este xoves da "nefasta" xestión que está a facer a Xunta de Galicia dos niños de avespa velutina que está a proliferar no municipio, como no resto de Galicia.  O concelleiro de Medio Ambiente, Adrián Ferrer, cualificou desta maneira a actuación da administración autonómica ao tempo...

PontevedraViva
Niño de avespa asiática na fachada do edificio Palmeras do Paseo de Cervantes

Veciños alertan dun niño de velutina na fachada dun edificio do Paseo de Cervantes

01/08/2018
Pontevedra

Os veciños do coñecido como edificio Palmeras, situado entre as rúas Paseo de Cervantes e Pastor Díaz, na contorna da Alameda de Pontevedra, detectaron nos últimos días a presenza dun niño de avespa velutina ou asiática na súa fachada e alertan sobre o perigo asociado á súa existencia.  As avespas crearon...

PontevedraViva
Niño de avespa velutina retirado en Barro

O Grupo Stop Velutina intensifica as súas accións

29/07/2018
Barro

As agrupacións Stop Velutina de Barro e Umia intensifican estes días a súa actividade para tentar controlar a expansión da avespa velutina. En concreto desde que se iniciou a tempada retiráronse 108 niños no concello de Barro, 45 en Portas e 75 en Cuntis en colaboración cos grupos de Protección Civil...

PontevedraViva
O alcalde de Cuntis (en primeiro plano) co delegado do Goberno en Galicia e o coronel da Garda Civil en Pontevedra

Cuntis demanda fondos para facer fronte á prevención de incendios e a avespa velutina

25/07/2018
Umia

A expansión da avespa velutina nos últimos anos e a aprobación das modificacións na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia do pasado decembro puxo nunha situación delicada a moitos concellos, que ven superados polas circunstancias e con dificultades para poder facer fronte a ambas as...

Natalia Puga
O concelleiro Alberto Oubiña cun sulfatador acompañado por Jesús Barros e José María Domínguez, apicultores de Marcón e Campañó

Os apicultores alertan sobre as avespas velutinas: "O único xeito de erradicalas é saber onde están todos os niños"

12/07/2018
Pontevedra

O concelleiro responsable de Medio Ambiente Natural, Alberto Oubiña, amosaba este xoves os diferentes elementos cos que o Concello de Pontevedra está a dotar ao Grupo de Voluntarios Anti Velutina para combater estas avespas: sulfatadoras, insecticidas ou gafas e prendas de protección. O concelleiro mantiña un encontro con dous apicultores, de...

PontevedraViva
Avespa velutina

Veciños de Barro sofren ataques de avespas velutinas

07/07/2018
Barro

Desde a asociación Stop Velutina Umia, na que se inclúe o grupo de Barro, piden aos veciños que estreiten a vixilancia sobre os niños primarios para avistar as avespas velutinas co fin de eliminalos antes de que alcancen un maior tamaño e sexan máis difíciles de retirar. Desde este colectivo alértase...

PontevedraViva
Marín entrega aos apicultures arpas eléctricas contra a vespa velutina

Entregan arpas eléctricas aos apicultores de Marín

04/06/2018
Marín

O Concello de Marín, a través da asociación DEPOLGAL, encargada da loita contra esta especie invasora, repartiu o pasado xoves día 31 de maio, as arpas eléctricas rectangulares elaboradas coa colaboración do IES Chan do Monte. Son uns aparellos duns 1,60 metros de alto por 0,8 de ancho, cuxos fíos de metal...

PontevedraViva
Obradoiro de Vaipolorío para crear trampas contra a avespa velutina

Vaipolorío retira as trampas de vespa asiática

15/05/2018
Pontevedra

A Asociación Vaipolorío retirou este luns as trampas de avespa asiática ou vespa velutina instaladas no río Gafos despois de dous meses experimentais para capturar as raíñas que segundo os expertos son as que convén apresar antes ou mentres fan os niños primarios. O número de velutinas atrapadas foi bastante significativo...

Oskar Viéitez
Actuacións do Concello de Marín contra a avespa velutina

Ofensiva de Marín contra a avespa velutina

14/05/2018
Marín

O Concello de Marín está a traballar na loita contra a avespa velutina ou asiática apostando por dúas medidas diferentes para combatela: a fabricación e aplicación de trampas eléctricas e unha campaña de charlas e repartición de trampas.  Por unha banda, o Concello de Marín e a asociación DEPOLGAL estableceron un...

PontevedraViva
Reunión veciñal en Barro pola vespa velutina

Barro capturou 800 raíñas de velutina no último mes

09/05/2018
Barro

A loita contra a vespa velutina continúa en Barro a pleno rendemento. O goberno municipal informa que, desde o pasado mes de abril, xa se capturaron unhas 800 raíñas desta especie. O traballo realizado polo Concello e a asociación Stop Velutina Umia permitiu ademais retirar unha ducia de niños primarios e,...

PontevedraViva
Saída para colocar trampas para a eliminación da vespa velutina en varios puntos de Barro

A avespa asiática sae do seu letargo invernal, é o momento de actuar

26/04/2018
Pontevedra

Coa primavera regresa a avespa asiática (vespa velutina). Tras o letargo invernal, cada raíña, fertilizada, soa, comeza a creación dunha nova colonia para o que construirá un niño primario no que poder empezar a criar as primeiras avispas obreiras. Este é o mellor momento para poer trampas e capturar ás...

Oskar Viéitez
Saída para colocar trampas para a eliminación da vespa velutina en varios puntos de Barro

Barro blíndase fronte á vespa velutina, que prolifera coa chegada do bo tempo

22/04/2018
Barro

O grupo veciñal para eliminación da vespa velutina e o Concello de Barro blindaron este sábado o municipio fronte a esta especie cunha actividade de elevada participación veciñal. Organizaron unha saída para colocar trampas en varios puntos do municipio. Os voluntarios deste grupo que pertencen á Asociación Stop Velutina Umia e...

PontevedraViva
Grupo de resistencia á avespa velutina

Obxectivo: eliminar as raíñas da velutina

17/04/2018
Pontevedra

Volve o bo tempo e a praga da avespa velutina, tamén coñecida como asiática, segue espallándose. O grupo de resistencia anti velutina, que se atopa formado por apicultores voluntarios e técnicos do departamento municipal de Medio Ambiente Natural tentan frear este avance perigoso.  Este martes tiña lugar un encontro no Concello...

PontevedraViva
Obradoiro de Vaipolorío para crear trampas contra a avespa velutina

Trampas para as velutinas do río dos Gafos

25/03/2018
Pontevedra

A asociación ecoloxista  Vaipolorío desenvolvía este fin de semana un taller para que os asistentes coñecesen como se poden construír trampas para eliminar  avespas velutinas, unha especie invasora que está a afectar sobre todo ás colmeas de abellas de Galicia. Durante a sesión realizáronse 23 trampas, elaboradas de maneira artesanal con...

PontevedraViva
Charla de Depolgal nas instalaóns de Xoán XXIII en Pardavila

Charlas para saber actuar contra a avespa asiática

17/02/2018
Marín

O Concello de Marín impulsa unha campaña de prevención e asesoramento sobre as avespas "Vespa Velutina Nigritorax". Este venres, día 16 de febreiro, impartiuse a primeira charla nas instalacións de Xoán XXIII en Pardavila, á que asistiron numerosos veciños interesados en recibir as pautas e consellos para afrontar esta nova...

PontevedraViva
Avespa velutina

Bueu reparte trampas para combater a invasión da avespa velutina

02/02/2018
Bueu

Aquelas persoas que se presentaron voluntarias para colocar trampas profesionais co obxectivo de facer fronte á invasión da avespa velutina teñen unha cita este sábado 3 no Centro Social do Mar de Bueu. A Asociación Galega de Apicultores (AGA) e o Concello organizaron un encontro con máis de 60 persoas a...

PontevedraViva
Drons adquiridos para Protección Civil

Protección Civil de Caldas reforza o seu servizo cunha unidade de drons

26/01/2018
Umia

A agrupación de Protección Ciivl de Caldas complementará os servizos que xa presta á cidadanía coa creación dunha unidade de drons.  O xefe da agrupación, José Sieiro, e o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, presentaron este venres a nova unidade, que foi posible grazas á colaboración altruísta dun empresario local, Juan...

PontevedraViva
Avespa velutina

O Salnés contará cun vehículo con guindastre para loitar contra a vespa velutina

09/01/2018
O Salnés

Este martes presentábase o novo vehículo da Mancomunidade do Salnés para a loita contra a avespa velutina e o picudo vermello. O acto realizábase no auditorio do Esteiro en Vilanova de Arousa. Ao acto asistiron a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias; o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores...

PontevedraViva
Niño de velutina

Emerxencias Sanxenxo eliminou 190 niños de velutina durante 2017

19/12/2017
Sanxenxo

O servizo de Emerxencias Sanxenxo aumentou substancialmente as súas intervencións este ano para eliminar niños de avespa velutina. Durante 2017, o servizo municipal de emerxencias eliminou 190 niños, sendo o mes de maior afectación xullo con 43 niños seguido de agosto con 33. Ao comparalos cos datos de 2016 nótase o aumento...

PontevedraViva
Eliminación dun niño de vespa velutina

A adquisición dun dron intensifica as actuacións contra a vespa velutina en Marín

13/12/2017
Marín

A adquisición dun dron por parte dun dos socios da Asociación Defensora dos Polinizadores en Galicia (Depolgal) permitiu a este grupo erradicar algúns niños de vespa velutina nos que antes non se podía actuar pola dificultade que supoñía, sexa pola situación na árbore, altura, ocultación, entre outras causas. Segundo informou a...

PontevedraViva
Efectivos de Protección Civil de Cuntis retiran un niño de avespa velutina

Cuntis planta batalla á avespa velutina

21/11/2017
Umia

O Concello de Cuntis traballa para ser "territorio libre de velutina". Así o asegura tras facer públicos os datos de retirada de niños desta avespa ao longo de 2017. A través do servizo municipal de Protección Civil, que colabora tamén co veciño municipio de Portas, logrouse retirar a importante cifra de...

PontevedraViva
Niño de avespa velutina

Máis de 350 niños de avespa velutina retirados no municipio en só catro meses

21/11/2017
Pontevedra

Só levan catro meses actuando no municipio para tentar frear o efecto da avespa velutina, pero a vintena de voluntarios da agrupación formada en Pontevedra co apoio do Concello retirou máis de 350 niños desta especia invasora. É o balance feito público este martes polo concelleiro Alberto Oubiña, pero o número...

Diego Espiño
Laura García Sáez, asesora xurídica da Asociación Galega de Apicultura (AGA)

Bueu adhírese á plataforma Stop Vespa Velutina Galicia

07/11/2017
Bueu

O Concello de Bueu vén de sumarse á plataforma Stop Vespa Velutina Galicia cunha proposta da concellaría de medio ambiente que se aprobou na Xunta de Goberno deste luns, e que busca fomentar a loita contra esta especie invasora, que xa é un problema ambiental e social e que afecta...

PontevedraViva
Retirada de niños de avespa velutina na Lama

A Lama empeza a dicir adeus aos niños de avespa velutina denunciados polos veciños

23/10/2017
A Lama

Operarios da Xunta de Galicia e do Concello da Lama iniciaron os traballos para retirar niños de avespas velutinas en diversos lugares do municipio. Ata o momento xa eliminaron os de Verducido e A Moa (Antas) e quedan pendentes intervencións en Xesta e Antas, entre outras.  Segundo informou o Concello a...

PontevedraViva
Niño de avespa velutina

Os socialistas reclaman á Xunta medidas "contundentes" contra a plaga velutina

16/10/2017
Pontevedra

A Xunta de Galicia debe implicarse "moito máis", segundo o PSdeG-PSOE, para combater a praga da vespa velutina. De aí que os socialistas presenten unha moción ao pleno da corporación municipal de Pontevedra para instar ao goberno galego a adoptar medidas "contundentes" para frear o avance desta especie. O voceiro do...

PontevedraViva
Avespa velutina ou asiática

230 niños de velutina retirados en cen días en Pontevedra

14/10/2017
Pontevedra

A praga da vespa velutina non da tregua. A vintena de voluntarios, todos eles apicultores e coordinados polo departamento municipal de Medio Ambiente Natural, traballa arreo co fin de erradicala ou cando menos evitar ou minorar a súa expansión. Nos arredor de cen días que levan actuando, recibiron 250 avisos por...

PontevedraViva
Pleno no Concello de Bueu

Bueu insta á Xunta a adoptar máis medidas contra a presenza da avespa velutina

03/10/2017
Bueu

O pleno da corporación municipal de Bueu por unanimidade decidiu votar a favor dunha moción na que se esixe unha maior investigación e apoio económico e humano por parte da Xunta de Galicia ante a invasión da avespa velutina. A proposta foi presentada polo portavoz do grupo socialista, José Manuel Vilas,...

PontevedraViva
Ángel Moldes e Nidia Arévalo

Reforma sanitaria, velutinas, despedida a catro deputados e IPads

29/09/2017
Pontevedra

A Plataforma pola Sanidade Pública do Salnés recibiu o apoio explícito do goberno da Deputación de Pontevedra nos seus postulados en contra da reforma da Lei de Saúde na que, entre outros asuntos, derrógase a área sanitaria do Salnés que pasará a ser distrito de Pontevedra. Este posicionamento foi abordado...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Niño de avespa velutina

Ponte Caldelas acusa á Xunta de pouca implicación na loita contra a avespa velutina

16/09/2017
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas sumouse ás voces de alarma ante o avance da praga de avespa asiática criticando a actuación da Consellería do Medio Rural respecto diso. Para o goberno local a Xunta limítase a impulsar "convenios absurdos" cos concellos nos que entrega unha simple pértega e dous traxes de...

PontevedraViva
Niño de avespas velutinas en Curras

As avespas velutinas aniñan ata en torres eléctricas

09/09/2017
Umia

Os veciños de Curras en Caldas de Reis están preocupados ante a presenza dun niño de avespas velutinas neste lugar da parroquia de Godos. Estes insectos crearon un niño nunha torre eléctrica de media tensión a unha altura que supera os 15 metros e próxima a varias vivendas. Sinalan que...

PontevedraViva
ASVU (Asociación Stop Velutina Umia)

A asociación comarcal para a loita contra a velutina pon en marcha as primeiras accións

03/09/2017
Barro

Esta semana constituíuse en Barro a Asociación Comarcal de Loita contra a Vespa Velutina, baixo o nome de ASVU (Asociación Stop Velutina Umia). A asociación é froito de varias xuntanzas levadas a cabo na comarca con distintos grupos de apicultores e voluntarios das asociacións de Protección Civil de Portas, Cuntis, Barro...

PontevedraViva
Avespa velutina

Evacúan en helicóptero un madereiro de Campo Lameiro ao ser atacado por avespas velutinas

31/08/2017
Umia

Un madeireiro tivo que ser evacuado no helicóptero medicalizado do servizo de Emerxencias do 112 con base en Santiago tras ser picado por avespas velutinas na parroquia de San Isidro de Montes, en Campo Lameiro. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o home atopábase mareado tras sufrir múltiples picaduras dos...

PontevedraViva
Avespa velutina ou asiática

Impulsan a primeira asociación comarcal contra a vespa velutina

30/08/2017
Barro

Apicultores, voluntarios e membros de varias agrupacións de Protección Civil do Umia dan o primeiro paso para a constitución da primeira asociación comarcal destinada á loita contra a vespa velutina. O obxectivo é a creación dun colectivo que continue o traballo que ven realizando dende hai meses o grupo Stop Velutina...

PontevedraViva
Niño de velutina

Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro ármanse contra a avespa velutina

19/08/2017
Cerdedo Cotobade

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade acaban de unirse ao plan de vixilancia e control para a avespa velutina posto en marcha pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.  Este departamento autonómico entregou a ambos os dous municipios material para a loita contra a avespa velutina, en concreto,...

PontevedraViva
Niño de avespa velutina

Os socialistas demandan unha urxente resposta da Xunta ante a praga da velutina

04/08/2017
Pontevedra

O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, Santos Héctor, reclamou este venres un plan de actuación urxente á Xunta para conter a praga da avespa velutina que está a provocar "un verdadeiro problema medioambiental en toda Galicia". Santos Héctor subliñou que "están a ser os propios apicultores e os...

PontevedraViva
Niño de avespa velutina

Os técnicos non dan abasto coa avespa velutina

01/08/2017
Marín

Son máis de 150 avisos que desde o 112 trasladáronse á Concellería de Medio  Ambiente de Marín, que, á súa vez, foron trasladados á asociación ambiental Depolgal, que se encarga da súa retirada. Esta última semana foi moi prolífica na detección dos niños, tanto primarios como secundarios. Os primarios apareceron baixo...

Oskar Viéitez
Alberto Oubiña, José María Fernández Cortizo e José María Dominguez nas Conversas na Ferrería

RADIO.- Unha raíña e doce machos que conseguiron invadir Europa

21/07/2017
Pontevedra

José María Domínguez, presidente da Comunidade de Montes de Campañó e José María Fernández Cortizo, apicultor xubilado, coñecen perfectamente que é e como se comporta ese insecto depredador que puxo en xaque ao medio ambiente europeo. A avespa velutina chegou a Europa a través do porto de Burdeos. En 2004...

Marisa Ciordia
Avespas velutinas en Marín

Os concellos intentan facerlle fronte á invasión de avespas velutinas

18/07/2017
Marín

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cuntis retirou desde o mes de xaneiro un total de 105 niños de avespa velutina. Esta especie esténdese por toda a provincia ante a preocupación non só dos apicultores que ven perigar as colmeas senón tamén de agricultores e de viticultores, xa...

PontevedraViva
Promotores da creación dunha asociación no Umia contra a avespa velutina

Queren crear unha asociación no Umia de loita contra a praga da avespa asiática

17/07/2017
Barro

O grupo de voluntarios Stop Velutina de Barro e apicultores do Concello de Portas decidiron crear unha asociación comarcal de Umia para loitar contra a praga da vespa asiática. Nas últimas horas, representantes destas entidades mantiveron un encontro en Romai coa idea de involucrar a todos os concellos da comarca...

PontevedraViva
Presentación do grupo de voluntariado anti velutina no Concello de Pontevedra

Pontevedra promove no rural un grupo pioneiro de resistencia anti velutina

14/07/2017
Pontevedra

Moito se ten falado nos últimos meses sobre o perigo asociado á vespa velutina ou asiática e a rapidez coa que se está estendendo por toda Galicia. Correron ríos de tinta sobre a posta en marcha de protocolos de actuación e estratexias de prevención. Pero nunca ata agora se presentara...

Natalia Puga
Trampa para vespa asiática

Ollo, isto non se toca! Son trampas para eliminar avespas asiáticas

24/04/2017
Sanxenxo

Sanxenxo ten en marcha unha campaña para eliminar a avespa asiática, a especie invasora que está a exterminar colmeas de abellas en toda Galicia e causando graves alteracións no ecosistema. Están a instalarse 50 trampas, colocadas en colaboración coa Asociación Galega de Apicultores, AGA, que se puxeron en contacto co servizo...

PontevedraViva
Niño de avespa asiática preto do Centro de Saúde de Lérez

Pontevedra repartirá trampas contra a avespa asiática

14/04/2017
Pontevedra

A loita contra a avespa asiática será unha prioridade despois da Semana Santa. O Concello de Pontevedra repartirá trampas para frear o avance desta especie no municipio, un traballo que coordinará o servizo de Medio Ambiente Natural. Estas trampas serán entregadas a partir do martes 18 de abril. A Asociación Galega de...

PontevedraViva
Entrega de material contra a vespa velutina

Poio recibe unha pértega para a loita contra a vespa velutina

12/04/2017
Poio

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega dunha pértega para actuar na loita contra a vespa velutina a técnicos do concello de Poio. Ademais, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez está distribuíndo un total de 5.700 trampas e doses de líquido atraente entre os apicultores...

PontevedraViva
Entrega de material de loita contra a vespa velutina en Pontevedra

Vilaboa, Moraña, Vilagarcía e O Grove 'ármanse' contra a vespa velutina

23/03/2017
Pontevedra

O Grove, Moraña, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa sumáronse este xoves á listaxe de concellos galegos que reciben material de loita contra a vespa velutina. Recibiron unha pértega cada un e Vilaboa tamén dous traxes especiais de protección. A distribución deste material faise a aqueles concellos que non recibiron pértegas en 2016...

PontevedraViva
Niño de avespa asiática

Que a avespa asiática caia na trampa!

13/02/2017
Cerdedo Cotobade

O vindeiro sábado 18 de febreiro en Cerdedo-Cotobade aprenderán a plantarlle cara á avespa velutina ou asiática. A Comunidade de Montes de Rebordelo organiza un obradoiro de construción de trampas contra esta especie que nos últimos tempos se está a estender polo municipio ao igual que no resto de Galicia, causando...

PontevedraViva
Intervención de Protección Civil de Cambados ante un niño de avespas asiáticas

80 niños de avespas asiáticas, eliminados en Cambados nos últimos cinco meses

21/01/2017
O Salnés

Os integrantes de Protección Civil de Cambados levan neutralizados 80 niños de avespa asiática desde o 9 de setembro, cando lles dotaron de traxes para facer fronte a esta especie, ata este sábado no que tiveron que intervir na parroquia de Corbillón para eliminar outro avespeiro.  A Consellería do Medio Rural...

PontevedraViva
Niño de avespa asiática preto do colexio de Xeve

Alertan da presenza dun niño de avespa asiática preto do colexio de Xeve

09/01/2017
Pontevedra

O servizo de Atención e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia 012 ten en tramitación unha alerta veciñal pola presenza dun niño de avespa asiática ou velutina na cima dunha árbore en Santo André de Xeve, a escasos 200 metros do colexio público da parroquia.  Fontes do servizo confirmaron que...

Natalia Puga
Niño de avespa asiática no lugar do Rañadoiro, en Ponte Sampaio

Denuncian a presenza dun gran niño de avespa asiática en Ponte Sampaio

08/01/2017
Pontevedra

Veciños do lugar do Rañadoiro, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, observan con preocupación a presenza dun niño de avespa velutina de grandes dimensións que leva meses na cima dunha árbore a moi pouca distancia das casas.  Segundo relataron a PontevedraViva, descubriron que estaba sobre un eucalipto na zona do campo...

PontevedraViva
Avespa velutina ou asiática

O servizo municipal de emerxencias de Vilagarcía retirou 128 de vespa velutina nun ano

06/01/2017
O Salnés

Unha das principais problemáticas medio ambientais que sofre Galicia en relación á invasión de especies foráneas nos nosos ecosistemas é a crecente presenza da vespa velutina, ou vespa asiática. Vilagarcía non foi un caso illado neste senso, xa que a presenza deste insecto foi notoria ao longo de todo o...

PontevedraViva
Niño de velutina

A avespa velutina aséntase en Sanxenxo

21/10/2016
Sanxenxo

A avespa velutina comeza a asentarse en Sanxenxo na súa expansión por Galicia, converténdose nunha praga que desde a Consellería do Medio Rural queren manter controlada, a pesar de que a súa presenza non supón risco algún para o ser humano. A esta tarefa sumouse este ano 2016 o Servizo...

PontevedraViva
Entrega dunha pértega ao Concello de Marín

Un "palo largo" para combatir a la avispa asiática

19/10/2016
Marín

Unha ferramenta eficaz para abordar a retirada de niños de avespas asiáticas cando se atopan a gran altura son as pértegas telescópicas, que son unha evolución máis sofisticada dun "pau longo". Estes elementos están a ser cedidos aos concellos por parte da Xunta de Galicia.  Este mércores foi a directora xeral de...

PontevedraViva
Intervención de Protección Civil de Caldas

Protección Civil de Caldas recibe unha pértega para combater a avespa asiática

15/10/2016
Umia

O concello caldense recibiu este venres da Consellería do Medio Rural unha pértega que permitirá á Protección Civil municipal actuar en alturas de ata 25 metros. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey destacou a importancia da dotación de material recibida nas últimas semanas para a loita contra este...

PontevedraViva