Alertan en Cerponzóns da colonización do Castrado por niños de velutinas

Pontevedra
21 de xuño 2021

Un verán máis, a asociación de veciños O Chedeiro indica que están aparecendo niños destas avesptas nunha zona que é percorrida por numerosos peregrinos realizando o Camiño Portugués a Santiago

Zona do Camiño Portugués a Santiago no Castrado onde hai presenza de velutinas
Zona do Camiño Portugués a Santiago no Castrado onde hai presenza de velutinas

A asociación de veciños O Chedeiro da parroquia de Cerponzóns volve chamar a atención ao recibir avisos de residentes no lugar do Castrado que comprobaron a presenza de niños de avespas velutinas que están a colonizar, un verán máis, a zona.

Desde esta asociación sinalan que as altas temperaturas favoreceron esta aparición e agora a veciñanza está a mostrarse preocupada polo malestar que poden orixinar ante a posibilidade de que se produzan ataques cando se acheguen ás diferentes leiras a traballar. Indican que as persoas de avanzada idade teñen medo a saír da súa casa ante a posibilidade de que poidan sufrir picadas.

Lembran tamén que algún dos niños se sitúa nunha zona de paso do Camiño Portugués a Santiago ante o perigo que pode supoñer para os peregrinos que percorran esta zona.

Desde a asociación O Chedeiro  reclamana aos responsables da Xunta que teñan en conta estas circunstancias e que, con motivo do Ano Santo, se actúe na zona para eliminar estes niños de velutinas.

Arquivado en