Poio recibe unha pértega para a loita contra a vespa velutina

Poio
12 de abril 2017

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega dunha pértega para actuar na loita contra a vespa velutina a técnicos do concello de Poio

Entrega de material contra a vespa velutina
Entrega de material contra a vespa velutina / Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega dunha pértega para actuar na loita contra a vespa velutina a técnicos do concello de Poio.

Ademais, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez está distribuíndo un total de 5.700 trampas e doses de líquido atraente entre os apicultores dos concellos afectados, co obxecto de capturar as raíñas que saen da hibernación e impedir así a formación de novos niños.

Estas trampas complementan ás 5.100 que xa foron distribuídas aos apicultores nos anos 2015 e 2016.

No ano 2016 retiráronse ou inactiváronse, a través do operativo conxunto establecido pola Xunta de Galicia e os concellos colaboradores, un total de 10.272 niños en Galicia, segundo datos oficiais, dos cales 2.642 corresponderon á provincia de Pontevedra.

No que levamos de 2017 déronse un total de 3.068 avisos en Galicia dos cales 1.396 corresponderon a Pontevedra.

Arquivado en