Pontevedra repartirá trampas contra a avespa asiática

Pontevedra
14 de abril 2017

A loita contra a avespa asiática será unha prioridade despois da Semana Santa. O Concello de Pontevedra repartirá trampas para frear o avance desta especie no municipio, un traballo que coordinará o servizo de Medio Ambiente Natural

Niño de avespa asiática preto do Centro de Saúde de Lérez
Niño de avespa asiática preto do Centro de Saúde de Lérez / D. Pérez

A loita contra a avespa asiática será unha prioridade despois da Semana Santa. O Concello de Pontevedra repartirá trampas para frear o avance desta especie no municipio, un traballo que coordinará o servizo de Medio Ambiente Natural.

Estas trampas serán entregadas a partir do martes 18 de abril.

A Asociación Galega de Apicultores e as comunidades de montes de Pontevedra colaborarán na campaña e os produtores poden pedir información directa a través do correo [email protected] ou no teléfono 986 80 43 00, extensións 7583 e 7584.

As trampas teñen como obxectivo ás raíñas coa fin de que non constrúan novos niños no municipio e se poida frear o seu avance.

A avespa asiática, tamén coñecida como vespa velutina, destrúe as colmeas e xera un grave prexuízo ao sector da apicultura, pero tamén causas graves danos ás froiteiras.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en