Entregan arpas eléctricas aos apicultores de Marín

Marín
04 de xuño 2018

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Marín a través da Asociación Depolgal repartiu as arpas eléctricas elaboradas coa colaboración do IES Chan do Monte, para a loita contra as avispas asiáticas

Marín entrega aos apicultures arpas eléctricas contra a vespa velutina
Marín entrega aos apicultures arpas eléctricas contra a vespa velutina / Concello de Marín

O Concello de Marín, a través da asociación DEPOLGAL, encargada da loita contra esta especie invasora, repartiu o pasado xoves día 31 de maio, as arpas eléctricas rectangulares elaboradas coa colaboración do IES Chan do Monte.

Son uns aparellos duns 1,60 metros de alto por 0,8 de ancho, cuxos fíos de metal levan unha carga eléctrica. A separación entre os mesmos, de 2 centímetros, permiten o paso das abellas e outros insectos pero as avispas asiáticas, dado o seu maior tamaño, tocan os fíos, e ao facelo reciben unha descarga que as deixa aparvadas, caendo a un recipiente con auga situada por baixo do arpa no que se afogan ou, elevando a tensión, eliminaraas sen máis. 

Isto provoca que estes himenópteros non volvan a atacar ás colmeas e que, por tanto, non regresen aos seus niños co suculento e proteico alimento para as súas larvas. Desta maneira, eliminaranse miles e miles de avispas e, á vez, protexeranse os colmenares en época de verán.

Os apicultores deberán proporcionar unha fonte de alimentación autónoma con placas solares que alimentan cunha corrente eléctrica de entre 600 e 1.000 voltios á arpa eléctrica, suficiente para aparvar á velutina, pero que non supón un risco de xerar faíscas, e por tanto de incendios. Ao ter disposición de 180 graos, as placas solares garanten a subministración de corrente soamente desde o amencer ata o anoitecer, cando está activa a Vespa Velutina, evitando que durante a noite caian en arpa eléctrica insectos nocturnos.

Para a construción da estrutura utilizáronse tubos de PVC, máis manexables para o seu transporte, de menor custo e resistentes ás inclemencias do tempo, e fíos aceirados.

Débese instalar un arpa por cada cinco ou dez colmeas en fila diante e en perpendicular ás filas de colmeas, a uns 50 centímetros por diante da piquera e a unha altura duns 40 centímetros por enriba da mesma.

Desde a parroquia de Ardán, Santo Tome, O Campo, San Xulián, Mogor, Seixo e Pastoriza, acollen colmenares onde se aplicará esta técnica para a redución destes especímenes coa esperanza de que a súa proliferación e ocupación no municipio sexa a menor posible. 

Arquivado en