O concelleiro responsable de Medio Ambiente Natural, Alberto Oubiña, amosaba este xoves os diferentes elementos cos que o Concello de Pontevedra está a dotar ao Grupo de Voluntarios Anti Velutina para combater estas avespas: sulfatadoras, insecticidas ou gafas e prendas de protección.
O concelleiro mantiña un encontro con dous apicultores, de Marcón e de Campañó, Jesús Barros e José María Domínguez, integrantes do Grupo de Voluntarios, que destacaron que levan retiradas máis de 5.000 raíñas de velutina a través de sistemas de trampas elaborados con botellas de plástico nos que se introduce cervexa, viño e zume de arándonos para que as avespas, unha vez que entren polo oco, sexan incapaces de saír.
Como apicultores tamén desenvolven trampas eléctricas con descargas de 1.000 voltios, que son insuficientes para matalas e é necesario instalar un cubo de auga baixo este sistema que morran afogadas, indicaba José María Domínguez.
En sete anos apareceron 10 millóns de niños de velutinas desde Burdeos, onde se introduciu a través dun contedor no porto, ata Galicia e os apicultores amosan a súa preocupación porque unha velutina é capaz de matar 100 abellas ao día nunha colmena e mesmo estas avespas chegan a pelexar entre elas para apropiarse dunha colmea.
Desde o colectivo queren alertar os veciños que atopen un niño destas avespas para que marquen el teléfono 012. Desde o Concello se quere facer un chamamento para que todas aquelas persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa de voluntariado se poña en contacto co departamento de Medio Ambiente Natural a través do teléfono 986.100.185 coa extensión 7583 ou 7584.
Os apicultores están preocupados ante a presenza desta praga que ameaza as súas colmeas. José María Domínguez sinalaba que en case 40 anos exercendo como apicultor, a primeira vez que tivo que alimentar as abellas foi en 2017. Indica que as abellas entran en pánico coa presenza das velutinas e non recolectan polen nin elaboran o mel. Ademais non nacen abellas nodrizas que son as que manteñen a raíña.
Avisan de que a única forma de erradicar a esta subespecie é sabendo onde están todos os niños e para iso reclaman a colaboración cidadá. O Concello de Pontevedra retomará a información sobre estas avespas a partir de outono con charlas en centros sociais e educativos.