Barro blíndase fronte á vespa velutina, que prolifera coa chegada do bo tempo

Barro
22 de abril 2018

O grupo veciñal para eliminación da vespa velutina e o Concello de Barro fixeron este sábado unha saída para colocar trampas en varios puntos do municipio. Centráronse en lugares con árbores con flores e preto de espazos e locales singulares para crear conciencia cidadá

Saída para colocar trampas para a eliminación da vespa velutina en varios puntos de Barro
Saída para colocar trampas para a eliminación da vespa velutina en varios puntos de Barro / Concello de Barro

O grupo veciñal para eliminación da vespa velutina e o Concello de Barro blindaron este sábado o municipio fronte a esta especie cunha actividade de elevada participación veciñal. Organizaron unha saída para colocar trampas en varios puntos do municipio.

Os voluntarios deste grupo que pertencen á Asociación Stop Velutina Umia e coordina en Barro o primeiro tenente alcalde, José Sanmartín, saíron a colgar trampas por lugares con árbores con flores e preto de espazos e locales singulares para crear conciencia cidadá.

Despois de facer mais dunha ducia de charlas na comarca, e dado que estamos nunha semana decisiva debido á tregua que lles daáo tempo ás velutinas, decidiron dar un paso máis e saír á procura destes avespas.

O mal tempo das últimas semanas axudara a que o problema non se propagara aínda moito este ano, pero esta semana, coa mellora das condicións meteorolóxicas, centos de raíñas volveron aparecer no municipio, de modo que temen que este ano volva ser complicado para combatelas.   

Este grupo de traballo de Barro xa acadou entre xullo e decembro de 2017 a eliminación de máis de 125 niños en colaboración cos apicultores e membros das agrupacións de Protección Civil de Portas, Cuntis e Barro.

Arquivado en