A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cuntis retirou desde o mes de xaneiro un total de 105 niños de avespa velutina. Esta especie esténdese por toda a provincia ante a preocupación non só dos apicultores que ven perigar as colmeas senón tamén de agricultores e de viticultores, xa que estas avespas atacan as árbores froiteiras e tamén os viñedos.
Neste municipio, a parroquia máis afectada é a de Arcos de Furcos, pero o Concello de Cuntis alerta da situación preocupante xa que os niños estendéronse por todo o territorio.
Esta prevista a creación en Umia dunha asociación que se organice para facer fronte a esta praga.
MARÍN
No Concello de Marín tamén realizaron balance do número de niños retirados desde principios do ano e ascende a 70. Desde o Concello agradécese a intervención de numerosos particulares que están a alertar da presenza das avespas.
Nas últimas horas, a unidade de Depolgal encargouse de eliminar un niño na baixada á praia de Aguete, en Gago de Mendoza, Ameal, Arealonga, Aguete, A Moreira, Cadrelo e en Pereiro.
Desde a concellería de Medio Ambiente de Marín sinalan que non deixan de recibir chamadas alertando da presenza de niños en distintas localizacións.