Emerxencias Sanxenxo eliminou 190 niños de velutina durante 2017

Sanxenxo
19 de decembro 2017

Ao contrastar estes datos cos do ano pasado obsérvase un aumento substancial, xa que durante o 2016 houbo un total de 68 avisos e retiráronse 17 niños

Niño de velutina
Niño de velutina / Concello de Sanxenxo

O servizo de Emerxencias Sanxenxo aumentou substancialmente as súas intervencións este ano para eliminar niños de avespa velutina.

Durante 2017, o servizo municipal de emerxencias eliminou 190 niños, sendo o mes de maior afectación xullo con 43 niños seguido de agosto con 33.

Ao comparalos cos datos de 2016 nótase o aumento nas actuacións, xa que entón producíronse un total de 68 avisos e só a retirada de 17 niños.

En canto ao número de avisos recibidos, no que vai de ano recibíronse 304 chamadas alertando da posible existencia de velutinas, sendo Adina o lugar que rexistrou unha maior actividade con 93 avisos polos 49 de Noalla.

PREVENCIÓN 

Para seguir loitando contra o avance desta especie invasora, o Concello de Sanxenxo anunciou a compra de 200 trampas, que serán colocadas ao longo do municipio entre febreiro e xuño

"Sabemos que co trampeo non as imos a capturar todas, pero si trataremos de frear o seu avance", sinalou Antonio Folgada, responsable do servizo de  Emerxencias.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en